3/6/13

A Xunta dalle 300.000 euros aos grupos pro-minas

"Lonxe de dar marcha atrás nos seus anceios mineiros, a Xunta segue apoiando ao sector das minas en Galicia. E desta volta non só con permisos ás grandes multinacionais, senón tamén con diñeiro para aquelas asociacións que as apoien, como podería ser o caso de 'Corcoesto Si, Mina, Si', favorable ao megaproxecto mineiro da multinacional canadiana Edgewater en Cabana de Bergantiños.
O Goberno galego aprobou este xoves unha nova convocatoria de axudas coas que se pretende apoiar a "entidades sen ánimo de lucro" que traballan a favor do sector mineiro no desenvolvemento de proxectos centrados no fomento, a planificación, a mellora tecnolóxica, a protección ambiental, a seguridade e a saúde. E, en tempo de crise, este tio de axudas favorables á minería dotada con 300.000 euros.
A través deste programa, que a Xunta insiste en que non beneficiará a empresas pero "si a asociacións", apoiarase un 80 por cento do total do investimento das iniciativas que se aproben. (...)

E estas axudas chegan cando, xustamente, a  Comisión Europea comeza a ollar con preocupación os proxectos mineiros de Galicia. Por iso, acaba de reclamarlle información ás autoridades españolas en relación cos requisitos que impón a lexislación ambiental da UE para a explotación da mina galega de Corcoesto.
É a resposta da Comisión Europea a unha nova pregunta formulada polos eurodeputados Antolín Sánchez Precedo, do PSOE, e Ana Miranda, do BNG, en relación coa explotación mineira, da que informa o Parlamento Europeo. Sánchez Presedo expuxo á Comisión que a resolución da Xunta de Galicia pola que se sometía a información pública o proxecto, o estudo do impacto ambiental e o plan de restauración para a concesión do mesmo, non respectaba o regulamento comunitario.
Pola súa banda, Ana Miranda, pediu que se aclare se o procedemento seguido para a explotación da mina de ouro de Corcoesto, na Coruña, cumpre coa normativa europea. Tamén Francisco Eslamiada, de UPD, preguntou á Comisión se considera o proxecto compatible coa Directiva de Hábitats, o Marco de Augas e a Directiva sobre responsabilidade.
Denuncia de manipulación
Por outra banda, Salvemos Cabana presentou unha queixa ante o CPXG polo veto informativo da TVG sobre a campaña contra a megaminaría en Galicia #salvemosgalicia. Un vídeo que denuncia o proxecto de Corcoesto e que nun só día superou as 75.000 visitas en Youtube, 67.000 firmas e foi trending topic nas redes sociais. "Consideramos intolerable a censura informativa que está a exercer a TVG sobre a campaña contra a minaría contaminante en Galicia", denuncia.
Novas manifestacións
Estas críticas coinciden coa mobilización cidadá contra a macromina que se celebrará o 31 de maio cun concerto de, entre outros, os grupos Zënzar, Nom, Quempallou, Ses e o Leo. Será con entrada de balde ao carón da Estación Vella de Carballo."     (Galicia Confidencial, 23/05/2013)

No hay comentarios: