9/5/13

Prensa mexicana: Pemex prevé levar o estaleiro de Barreras a México

"Pemex xoga forte. Prevé investir por volta de 450 millóns de euros na renovación da súa flota. Unha aposta a medio e longo prazo que a paraestatal explicou para medios mexicanos como El Universal. “O que se procura é que ao ser socio maioritario do estaleiro (en referencia a Barreras), todo o investimento se faga en México".

É máis, mesmo apuntan desde esta empresa que "a idea que se ten é que nun momento dado o estaleiro se traia a México, probabelmente a cidade do Carmen, Campeche, e iniciar deste xeito a transferencia tecnolóxica completa".

Alías, tamén nesa nova recollida en El Universal deixa claro a fonte da dirección de Pemex que vai descontar do prezo dos floteis o que pague polo 51% das accións. Cómpre lembrar que se falaba dunha achega de capital duns 10 millóns de euros por parte da petroleira

Xa no seu comunicado oficial horas após se coñecer a nova de que ía adquirir o 51% de Barreras, Petróleos Mexicanos afirmara textualmente: “O obxectivo que persegue PEMEX, a través do vehículo de investimento seleccionado, é transferir a medio prazo o coñecemento tecnolóxico de HJB para crear capacidade construtora de buques especializados en México, a fin de poder atender a demanda de PEMEX.”

Agora dá un paso máis e apunta a idea de levar o estaleiro para México. Unha opción a medio prazo coa que dotar ao naval do país azteca do saber facer necesario para o rexurdir do seu sector naval, un vello anceio do goberno e da propia Pemex."        (Sermos Galiza, 08/05/2013)

No hay comentarios: