11/11/13

Unha gardería pública de Santiago retira o pan con queixo da merenda

"UGT denuncia que a concesionaria dun centro do Concello de Santiago recorta a merenda para "aumentar beneficios". O sindicato refírese as garderías dos barrios de Conxo e Fontiñas en Santiago.
A empresa Clece gañou o concurso para xestionalas despois de que o Concello extinguira o contrato cunha empresa do grupo Vendex, o centro da presunta corrupción da Operación Campeón. Inmediatamente os pais comezaron a alertar dos recortes.
O municipio alega que xa comunicou en varias ocasións a Clece que cómpre cumplir as condicións da oferta seleccionada. Con todo, a concelleira María Castelao non abriu un expediente para arrebatarlle a xestión, como demandan oposición e sindicatos.
"FETE UGT non pode consentir que, dun prato (tortilla de espinacas con arroz), esta empresa faga un primeiro (arroz con tomate) e un segundo(tortilla de espinacas)", denuncia agora este sindicato. Segundo a central, a concesionaria  pasou dunha merenda na que constaba de pan con queixo e froita a outra onde só  se lles dá froita aos nenos e nenas de 1 e 2 anos das escolas xestionadas por Clece.
A empresa pola de agora non respondeu a estas acusacións de primar os beneficios sobre a alimentación dos cativos. UGT argumenta que non é admisible que Clece levase a máxima puntuación posíbel polos menús no concurso da adxudicación e agora recorte os alimentos."                (Galicia Confidencial, 08/11/2013)

No hay comentarios: