"Consúmase o espolio. 1.000 millóns de euros por NGB, unha entidade que
posúe perto do 50 por cento do aforro galego, é unha ganga. Estamos a
falar do instrumento financeiro que controla a maior concentración de
capital amoreada nunca no noso país.
Era unha entidade semi-pública, non
privada, antes de PP e PSOE pactaren a súa privatización, en Madrid.
Agora ten dono. Venezolano.
Esta é unha noticia terríbel, mais non é unha noticia aillada. Un
fundo de investimento británico-estadounidense mercou R. Un banco
español (o Popular) mercou o Banco Pastor. Pemex (México) mercou
Barreras. Damm (Catalunya) mercou Pescanova. Banesco (Venezuela) merca
NGB.
A colonización do noso tecido empresarial é verdadeiramente impresionante. Non ten precedentes na nosa historia.
Está Feijóo preocupado? (...)" (Xosé Mexuto, Sermos Galiza, 18/12/2013)
"Novagalicia Banco será vendida ao maior banco privado de Venezuela. O
grupo financeiro Banesco será finalmente o adxudicatario da entidade
financeira galega por uns 1.000 millóns de euros. (...)
Mil millóns para Banesco, 9 mil para @s contribuíntes
O prezo que finalmente NGB suporá para o grupo venezolano contrasta
co custe que o saneamento da entidade financeira tivo para @s
contribuíntes. Neste senso, o Goberno español inxectou 9.000 millóns de
euros públicos ao banco resultante da fusión das extintas caixas dos
cales, só recuperará mil. Os restantes 8 mil millóns pasarán a engordar o
défice público." (Semos Galiza, 18/12/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario