27/3/14

A Xunta pagará 50.000 euros por outro novo posto de alto cargo en Montevideo... un posto de comisario político para captar votos no exterior

"Faise imprescindible a creación do de Secretario/a da Delegación da Xunta en Montevideo”. Con este argumento xustifica a Consellería da Presidencia a creación dun novo posto de alto cargo que lle custará aos galegos 50.000 euros ao ano. E iso acontece mentres se eliminan postos de traballadores noutras delegacións, como a de Arxentina.
Segundo denuncia a CIG-Autonómica, o perfil do posto deixa entrever que "a creación ten nomes e apelidos" xa que se trata dun posto de libre designación que se abre a persoal funcionario dos concellos no que se valora como mérito a licenciatura en dereito e a experiencia en xestión económica, entre outros.
 "Estes méritos non resultan ningunha limitación cando estamos a falar dun posto que se cubre a dedo, o único requisito é ser persoal funcionario de algunha Administración pública", sinala nun comunicado.

Para conseguir o crédito orzamentario para este novo alto cargo, a Xunta explica que amortiza 3 postos base (conductor/a, telefonista e limpador/a) e estas reducións súmanse aos máis de 100 postos de traballo que xa eliminaron nunha recente reforma anterior.
Este novo secretario da Xunta en Montevideo, súmase ao que a Xunta xa ten en Arxentina, delegación que, ademais, recurtou o número de traballores pero non o salario dos seus altos cargos. "Baixo a xustificación de falta de persoal que desenvolva o traballo diario, privatiza os servizos públicos que ata vai pouco eran realizados por persoal propio", denuncia a CIG ao calificar este novo posto de designación "a dedo". 
"Resulta inxustificable que nunha época de brutais recortes sobre os servizos públicos e sobre os postos que os fan posibles, veña agora o PP e atope 50.000€ ao ano para pagar un posto de comisario político para captar votos no exterior", conclúe."      (Galicia Confidencial, 12/03/2014)

No hay comentarios: