19/5/14

Santiago de Compostela xa ten a foto da vergoña


"Santiago de Compostela xa ten a foto da que avergoñarse.

Sete membros do goberno local (PP) sentados no banco d@s acusad@s encausad@s por prevaricación. Chegaron ao Xulgado entre apupos e berros de 'fóra corruptos' procedentes da veciñanza que participaba nas concentracións ben do BNG, ben Candidatura do Povo.

Non faltaron os disfraces de 'Pikachus', personaxe da serie 'Pokemon', que dá nome a unha operación na que tamén está ensarillados membros do excutivo local compostelán.

O alcalde, Ángel Currás e o ex-rexedor Conde Roa fixeron acto de presenza para apoiar aos sete acusados. 

Un deles, o concelleiro Juan de la Fuente, dixo estar “tranquilo”. A tamén edil, e tamén im putada e tamén do PP, María Pardo optou por se definir como “cabreada”. Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, María Castelao, Francisco Noya e Luis García Bello son os concelleiros do PP para os que se piden nove anos de inhabilitación para cada un.

Están acusados de querer pagar con diñeiro público a defensa do seu compañeiro Adrián Varela, edil imputado na trama 'Pokemon' por presunta corrupción. (...)"         (Sermos Galicia, 19/05/2014)

No hay comentarios: