"Un total de noventa persoas acaban de ser admitidas
nunha lista para entrar no proceso de selección dunha praza con contrato
indefinido ou temporal de peón no Concello de Cedeira. Un proceso no
que foron desbotados tres candidatos por erros de documentación.
Os seleccionados pasarán a integrar unha bolsa de emprego para contratar unha persoa cando as obras do municipio así o requiran, segundo apunta o Concello.
Esta é unha nova iniciativa da corporación de Luis Rubido, do PP,
que hai un ano tamén abriu outro proceso semellante para contratar tres
peóns. Os admitidos deberán superar aínda dúas probas teóricas e
práctica para optar ás contratacións temporais ou postos interinos de
peón "cando se necesite". (Galicia Confidencial, 10/03/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario