13/5/15

Residencias Públicas de Maiores sen cueiros, toallas e con condicións da postguerra

"As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galicia inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. 

Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.
“A supresión do artigo 19 fíxose baixo a promesa de que, aos dous anos, volvería a reactivarse pero iso xamais pasou”, indica Fátima Veiga, traballadora do Centro de Volta do Castro, de Compostela, que nunha entrevista no Novas de Galiza, da Asociación de Medios en Galego (Amega), acusou á Xunta de precarizar o servizo de Residencias a Maiores para facilitar a súa privatización.
A traballadora sostén que non teñen guindastres suficientes, escasean os cueiros, as sabas e as toallas teñen remendos “como na posguerra” e mesmo non se fan contratacións para cubrir os días de asuntos propios. 
Ante a falta de recursos materiais e a redución de dereitos laborais, as traballadoras síntense incapaces de poder ofrecer a mesma atención ás persoas que coidan. “Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas”. 
Esta situación, para Veiga, converte as coidadoras de Residencias Públicas de Maiores nas “novas escravas da Xunta de Galiza” tendo como “único obxectivo deixar que os servizos públicos sexan insostibles para dar a xestión a unha empresa externa amiga”.
As traballadoras ven na reforma laboral a ferramenta culpable da precarización xa que posibilita os despidos por causas obxectivas ou relacionadas coa produtividade."            (Galicica Confidencial, 09/05/2015)

No hay comentarios: