6/7/15

O interventor da Coruña certifica que o anterior goberno puxo o Concello ao bordo da insolvencia... e o alcalde ten que pedir un crédito para pagar os pufos do PP

 "El alcalde coruñés tiene que pedir un crédito para pagar los pufos del PP y evitar la intervención de la Xunta.

El alcalde Xulio Ferreiro, nada más tomar posesión de la alcaldía coruñesa tras la victoria de su Marea Atlántica el 24-M, se llevó una ingrata sorpresa. Revisando los documentos de la herencia recibida del anterior equipo del PP, encontró un informe emitido el 9 de junio por el interventor y el tesorero del Ayuntamiento advirtiendo de una deuda de 25 millones de euros pendientes de pago para unos fondos líquidos de 12,3 millones. Ferreiro anunció este lunes que pedirá un crédito bancario de 10 millones para evitar que el ayuntamiento tenga que ser intervenido por la Xunta de Galicia para su tutela financiera.

El alcalde coruñés achaca al “gasto irresponsable” del anterior equipo la situación de quiebra. A su juicio, “utilizaron los recursos de todos para obtener un rédito electoral” el 24-M. Ejercicio insuficiente, pues al final Marea y PP empataron a 10 concejales, el PSdeG-PSOE sentó a seis y el Bloque Nacionalista a uno. (...)

“Tenemos que asumir esta situación porque el anterior gobierno llevó a cabo una política de gasto irresponsable. Se gastó más de lo que era normal durante este año, claramente por los comicios municipales. Durante los últimos cuatro años, se ha ido rompiendo la hucha”, denunció Ferreiro ante los medios de comunicación.

A finales del pasado año, el exalcalde popular Carlos Negreira presentaba unos presupuestos para 2015 de 252 millones, presumiendo de inversiones en gasto social: “Este presupuesto completa cuatro años de gobierno en los que se ha incidido en generación de empleo y promoción económica, gasto social e inversión en modernización de barrios, todo ello sin subir los impuestos, con el objetivo de consolidar a nuestra ciudad como referente del noroeste español en innovación, turismo, servicios sociales, mejora de espacios públicos, eventos deportivos y culturales, y planes de movilidad y accesibilidad", destacó entonces la teniente de alcalde popular Rosa Gallego. Definía a la ciudad como “la más solidaria de Galicia” con un presupuesto para servicios sociales de 16 millones.

El nuevo equipo de gobierno ha anunciado que va a seguir en esa línea de gasto social, pero va a “mejorar la recaudación para garantizar la solvencia y liquidez del Ayuntamiento y poder afrontar así las numerosas necesidades económicas y sociales de la ciudadanía de A Coruña, que son la auténtica prioridad de este nuevo gobierno”, apuntaron este lunes.

De momento, el equipo de Ferreiro ya aprobó “medidas de contención y reducción del gasto, como las de supresión de varios puestos directivos, bajada de retribuciones del personal eventual y otras que, como la reducción del coste de los cargos electos” está “pendiente de aprobación por el Pleno de la próxima semana”.       (Público, 06/07/2015)


"Existe risco de que a solvencia a curto prazo do Concello resulte deficitaria e insuficiente para dar cumprimento de forma puntual ás súas obrigas económicas".

Quen se expresa nestes termos é o interventor xeral do Concello da Coruña, que nun informe encargado polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, vén de alertar de que a xestión económica municipal dos últimos anos puxo o consistorio ao bordo da insolvencia ao aumentar moi notablemente a fenda entre pagamentos e cobros e poñer en serio risco a dispoñibilidade de liquidez, isto é, de cartos para facer fronte ás obrigas cotiás.

O informe de intervención que vén de prender as alarmas no Pazo de María Pita realiza unha radiografía das contas municipais con data de 17 de xuño, isto é, catro días despois da toma de posesión da nova corporación e do goberno da Marea Atlántica. Nesa altura, advirte o interventor, a situación económica municipal é a peor dos últimos anos. 

 "O Concello -di- amosa unha situación de liquidez ou solvencia a curto prazo" na que se estima que "a reserva de dispoñibilidade real de fondos líquidos" pode "ser insuficiente nos meses de xullo, agosto e setembro para facer fronte puntualmente ao pago das súas obrigas económicas", isto é, para "cumprir co límite máximo do prazo" de pagamento a provedores.

 Esta situación, detalla, é o resultado da evolución dos "pagos e cobros orzamentarios nos últimos exercicios, dende o 2011 ata o actual 2015". Trátase "dunha evolución na que os pagos van máis rápido que os cobros, con desviacións negativas" que van dende os 17 millóns a 17 de xuño de 2014 aos "-39 millóns deste ano 2015, o importe negativo máis alto de toda a serie histórica analizada". "Estas diferenzas -conclúe- comprometen e reducen substancialmente a liquidez do concello".

 A intervención municipal coruñesa amosa tamén a súa preocupación por "outro indicador importante para analizar a solvencia a máis curto prazo": a ratio de liquidez inmediata, isto é, o resultado de dividir os fondos líquidos dispoñibles entre os pagos pendentes ao peche de cada exercicio, e a ratio de solvencia a curto prazo, que divide entre os pagos pendentes a suma de fondos líquidos e cobros pendentes.

 Unha ratio de liquidez inmediata superior a 1 "reflicte que os fondos líquidos son dabondo para pagar as obrigas pendentes", e unha ratio por baixo de 1 "reflicte que os fondos non son dabondo", o que implica "unha insolvencia inmediata a moi curto prazo que pode ser corrixida no futuro segundo a evolución da recadación".

 No caso da Coruña a ratio de liquidez inmediata traspasou en 2014 a barreira do 1, ficando no -0,70, o que implica que no peche do pasado ano os cartos na caixa municipa non eran dabondo para afrontar os pagos. Do mesmo xeito, a intervención tamén indica que "a solvencia a curto prazo é moi reducida e pode existir risco, se segue a tendente mostrada, de que o peche" deste 2015 sexa tamén negativo. 

Se a liquidez remata o ano en negativo, advirte, habería que acometer "unha redución de gasto no orzamento de 2016", tal e como marca a lei, e o goberno local tería prohibido "acudir a unha operación de endebedamento a longo prazo para financiar investimentos".

 Con estas cifras sobre a mesa o novo goberno da Coruña afirma que fica constatado que "se atopou cun Concello na peor situación económico-financeira da súa historia recente" a cal, afirma, "deriva da mala xestión do executivo de Carlos Negreira". Os datos contidos no informe da intervención, como as posibles dificultades para cumprir o prazo de pago a provedores en xullo, agosto e setembro, indica, "podería provocar consecuencias legais como unha eventual intervención de tutela financeira por parte da Xunta", subliña.

 Estes "graves problemas económicos", indica nun comunicado, xa están sendo "paliados, cando menos parcialmente", coas primeiras "medias de contención e redución do gasto, como as de supresión de varios postos directivos, baixadas de retribucións do persoal eventual ou a redución do custo dos cargos electos". 

Asemade, di, "de acordo cos informes da oficina orzamentaria, intervención e tesouraría procederase a variar o orzamento con medidas de contención do gasto innecesario, así como con outras desitnadas a mellorar a recadación para garantir a solvencia e a liquidez"."            (David Lombao, Praza Pública, 06/07/2015)

No hay comentarios: