"O Consejo General del Poder Judicial fixo público este venres o informe Efectos de la crisis económica en los órganos judiciales correspondente
ao terceiro trimestre do ano, con datos relativos a execucións
hipotecarias, lanzamentos, concursos presentados ou despedimentos.
Os resultados acumulados dos tres primeiros trimestres do ano amosan unha certa mellora, sobre todo no que se refire a concursos e demandas de despedimentos, pero indican igualmente que se segue producindo un número moi elevado de execucións hipotecarias e lanzamentos en Galicia.

De xaneiro a setembro houbo 1.387 execucións hipotecarias na
nosa comunidade, un 5,8% menos que no mesmo período do pasado ano
(1.473). Porén, no que se refire a lanzamentos, a cifra (1.822) é
practicamente idéntica á de 2014 (1.824).
A realidade é que nos nove primeiros meses do ano houbo cada día en Galicia 5 execucións hipotecarias e case 7 lanzamentos. Dende 2008 producíronse 16 mil execucións hipotecarias nas catro provincias galegas.

Si se rexistrou no que levamos de 2015 un descenso dos concursos: un 45% menos con respecto ao mesmo período de 2014, de 395 a 247; e tamén dos despedimentos: un 20% menos: de 5.539 a 4.449. Tamén se reduciu o número de EREs presentados: dos 75 de 2014 aos 59 de 2015." (Praza Pública, 11/12/15)
2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015* | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Galicia | 701 | 1.369 | 2.053 | 1.942 | 2.003 | 2.528 | 2.576 | 2.106 | 1.387 |
España | 25.943 | 58.686 | 93.319 | 93.636 | 77.854 | 91.622 | 82.680 | 80.749 | 52.350 |
Execucións hipotecarias presentadas en Galicia e no conxunto de España. Datos de 2015 de xaneiro a setembro. Fonte: CGPJ
No hay comentarios:
Publicar un comentario