8/2/16

A tenente de alcalde de Ferrol sofre “en primeira persoa” o colapso hospitalario

"A concelleira de Benestar Social e tenente de acalde de Ferrol, Beatriz Sestayo, denunciou este martes a situación de colapso que vive o principal hospital da cidade, o Arquitecto Marcide, despois de vivilo "en primeira persoa" o pasado fin de semana, afectada dunha forte infección de garganta.

"Os pacientes tivemos que esperar horas en Urxencias, onde o persoal estaba absolutamente colapsado e queixábase dos recortes do Goberno da Xunta de Galicia", criticou. “Ao meu carón había enfermos con diferentes patoloxías, algúns moi graves e outros mesmo chorando", denunciou.

Por iso, cualificou esta situación como "absolutamente bochornosa", e dixo que é "a consecuencia de sete anos de paralización da sanidade na comarca" nun centro que "sempre foi unha referencia de calidade".

Sestayo asegurou que esperou "durante 28 horas" até ser traspasada a unha cama, algo que negan desde a área Sanitaria, comentando que a concelleira "sumou o tempo que esperou en Urxencias e o que esperou posteriormente pola cama", puntualización que quixeron realizar tras corroborar que o fin de semana "todos os pacientes tiñan cama asignada antes de que pasasen 24 horas".  (...)"             (Galicia Confidencial | Ferrol | 26/01/2016)

No hay comentarios: