11/2/16

Rioboó enfróntase aos nacionalistas que queren controlar Podemos

"O secretario de Organización de Podemos, Sergio Pascual, lembrou esta tarde que o Consello Cidadán de Galicia e a Comisión de Garantías están disoltas. Pascual admite que isto non supón automáticamente o cese do secretario xeral, pero argumenta que un secretario sen equipo directivo non ten sentido, polo que anima a Ribóo a abandonar o cargo.

Ademais, lembroulle a Ribóo que a súa permanencia formal no cargo durará o tempo que o equipo técnico seleccionado por Madrid invista en montar un proceso para a elección dun novo Consello, proceso no que está incluído, segundo Pascual, a figura do propio secretario.

“O señor Riobóo é libre de presentarse ou non presentarse ao novo proceso interno que convocou o noso secretario xeral [Pablo Iglesias] no marco dunha reunión do Consello de Coordinación Estatal, como corresponde a súa competencia, e polo tanto, se non se presenta, teremos un secretario xeral en Galicia como se poña en marcha ese proceso electoral que lle compete ao equipo técnico que imos proceder a nomear o antes posíbel”, declarou Pascual dende Madrid.

Antes Riobóo arremetera contra a disolución dos órganos galegos anunciada onte por Podemos. Na súa opinión, é produto dun plan dirixido por un sector crítico -no que estarían os dous deputados e o senador electos por En Marea- para tomar o poder en Galicia. Plan que incluiría a dimisión de varios representantes do Consello Cidadán, o que permitu a Madrid disolver este órgano por quedar sen a maioría dos membros orixinais.

Riobóo considera que segue a ser secretario xeral a todos os efectos e, de feito, pensa continuar coa súas ronda de contactos comarcais para que a militancia opine sobre a estratexia cara as autonómicas. O político volveu a cuestionar a reedición En Marea e lembroulle a Madrid que “serán os inscritos os que decidan como imos a concorrer as autonómicas”.

Riobóo acusou a Pascual de “saltarse os estatutos” por anunciar o nomeamento dunha xestora co fin de ”crear estruturas paralelas e vaciar de funcións a dirección”. Tamén negou as acusacións dos cargos dimisionarios, quen dixeron que non dialogara para chegar a un consenso que evitara esta crisis. Así, asegurou que fixo até tres propostas e que ningunha recibiu contestación.

Escríbese así un novo capítulo da crisis interna de Podemos que seguramente rematará cun novo proceso de consulta a militancia. Carreira na que Riobóo parte, en teoría, dende unha posición flébel.

En fronte ten ao aparato de Podemos en España -quen apoiara a súa lista , que gañara hai un ano con menos do 55% dos sufraxios-, aos cargos electos nas Cortes (os deputados no Congreso Gómez-Reino e Ángela Rodríguez e a do senador García Buitrón) e a parte da militancia agrupada en Bases Podemos, que leva meses denunciando a suposta falta de democracia interna no partido morado.

Os movementos en Podemos teñen moito que ver coas alianzas electorais. Riobóo defende que o partido morado é o gran responsábel do éxito de En Marea e criticou a campaña por, na súa opinión, centrarse nun discurso demasiado nacionalista. Punto de vista non compartido por Pablo Iglesias, quen di sentirse “moi cómodo” coa confluencia galega.

Precisamente o socio nacionalista de En Marea, ANOVA pronunciouse hoxe por boca dun dos seus cargos. O alcalde de Santiago Martiño Noriega di que os tirapuxas en Podemos non van afectar a “continuidade do relato de En Marea” e non afecta a alianza. Noutras palabras, dende ANOVA confíase en que as teses de Riobóo sexan derrotadas e poida haber unha coalción cara as autonómicas." (Galicia Confidencial, 10/02/16)

No hay comentarios: