"Galiza é a maior produtora de leite de todo o estado e o terceiro
territorio da Unión Europea. Porén, tamén lidera o ránking dos que
perciben o prezo máis baixo en orixe.
A crise do sector lácteo deixou en evidencia que o seu futuro pasa por
apostar na xeración de valor engadido afastándose dun modelo
excedentario que envasa case exclusivamente cartóns de leite crú. (...)
Nesta liña foron históricas demandas como a do grupo lácteo galego,
defendido polo nacionalismo, e algunhas propostas coñecidas nos últimos
días e impulsadas polos colectivos de gandeiros.
Porén, na Galiza agroman múltiples proxectos que desde o local están a
apostar na produción de derivados. Unha fórmula que malia as
innovacións introducidas bebe directamente da tradición popular.
Eis o caso de Arqueixal, un proxecto integral que
vai para alén da produción e comercialización de queixos, iogurte e
leite fresco para se abrir ao ecoagroturismo ou turismo consciente.
Con José Luís, o seu fundador, conversamonos no nº180 do semanario en papel -nos quiosques esta quinta feira 21 de xaneiro- nunha reportaxe da que tamén fai parte Jesús Otero da Granxa O Cancelo,
unha iniciativa que ten como obxectivo demostrar que hai futuro arredor
do leite. Da explotación que xire saen xeados artesáns mais tamén
coñecemento através de programas de formación e asesoramento para outras
granxas." (Sermos Galiza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario