17/2/16

Desde 2009 emigraron 132 mil persoas na Galiza entre os 16 e 29 anos

"Desde o ano 2009, data na que Alberto Núñez Feijóo chegou ao goberno da Xunta, 132.000 persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos abandonaron a Galiza na procura dunha oportunidade laboral.

Así o evidencian os dados extraídos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que, aliás, describen para a mocidade que fica no país unha realidade de desemprego e precariedade laboral. Neste senso, a taxa de paro segundo a propia EPA é do 40% entre os 16 e os 24 anos cunha ocupación, xa que logo, de apenas o 21% para esta faixa de idade.

Aliás, 312 mil persoas menores de 18 a 34 anos mora aínda na casa familiar perante a imposibilidade de se emanciparen, de acordo coas cifras da Enquisa estrutural aos fogares do (IGE). Case a metade delas sen ingresos, isto é aproximadamente 150 mil (47%), mentres que 30 mil perciben menos de 200 euros ao mes; 52 mil menos de 600 e 42 mil entre 600 e 1.000 euros.

A principal causa é a temporalidade que predomina nas contratacións –dun 93%-- e os baixos ou nulos salarios derivados das reformas laborais que, entre outras cuestión, encadearon os contratos en prácticas ou formativos até os 33 anos."          (Sermos Galiza, 22/01/16)

No hay comentarios: