17/3/16

Feijóo novo presidente da Fundación Inditex? E coa obriga de probar os novos traxes de Zara

“O debate persoal non é Madrid ou Galicia, senón se se me vexo a min mesmo con ambición política suficiente para volver ser presidente dos galegos e para dedicar toda a súa vida a política, ou se vou iniciar outra actividade profesional”, suliñaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, hai uns días nunha entrevista en Onda Cero.

Decisión que comunicará nos próximos días a Mariano Rajoy, e que será antes do próximo 18 de abril, que é cando cumpre sete anos ao fronte da Xunta.

Unhas palabras que abriron moitas incógnitas pero poucos apoios na cúpula do PP en Madrid. E é que a posibilidade de que abandone a política e comece unha carreira na empresa privada, non causou ningún balbordo no seu partido. Ninguén saíu en Madrid a pedirlle a Feijóo que continúe, a diferencia do que aconteceu no PP de Galicia.

E por que esta indiferencia?. Segundo publica Vox Populi, na sede de Génova poderían ser xa conscientes do interese do presidente galego en ir á empresa privada e aceptar a oferta que Amancio Ortega lle fixo para presidir a súa fundación, dotada con 25 millóns de euros de orzamento anual e que promove todo tipo de proxectos sociais.

“Pero o que ten o presidente da Xunta, aseguran fontes moi próximas, non é un problema de diñeiro, senón de desafección política: sabe que Mariano Rajoy non o quere en Madrid e é consciente tamén de que o seu mandato na Xunta caduca en outubro, mes no que toca celebrar unhas eleccións autonómicas que o PP rexional dá por perdidas”, escribe o xornalista Federico Castaño neste medio.

O pasado domingo, segundo fontes do PP citadas por este medio, Feijóo “pillou un gran desgusto cando o seu xornal de referencia, La Voz de Galicia, certificaba que el non era o elixido” para substituír a Feijóo. “Foi un desgusto, sinalan as fontes, pero para nada unha sorpresa”, engade.

E é que esta indiferencia do PP de Madrid, que non ten moi en conta a Feijóo nin ao PP galego, é a que fixo que o presidente galego escoitara ofertas do sector privado, sobre todo, sabedor de que se vai como candidato a unhas novas eleccións, podería perdelas e quedar no banco da oposición.

É por iso, segundo Vox Populi, que se tería amosado interesado por presidir unha fundación da que o propio Goberno galego forma parte do seu protectorado a través de varias consellerías mentres que no seu padroado están o propio Amancio Ortega, a súa esposa Flora Pérez, a súa filla Marta e o presidente e conselleiro delegado do grupo, Pablo Isla. 

Con todo, fontes da Fundación dixeron a Vozpópuli que a fichaxe de Feijóo “é un rumor carente de fundamento”."               (Galicia Confidencial, 16/03/16)

No hay comentarios: