"A CIG-Ensino informa que a
Consellaría de Educación enviou aos centros educativos unhas instrucións
para dicirlles que a partir deste curso a compra de combustible para as
calefaccións debe facerse a través dunha serie de empresas concertadas coa Xunta.
“O novo sistema está a provocar que moitos centros teñan que pagar máis caro o gasóleo que cando o propio centro contrataba directamente este servizo coa empresa, por outra parte, do seu contorno”, afirma o sindicato nacionalista.
A isto engaden que moitas das empresas servidoras do combustíbel
responsabilizábanse da limpeza dos recipientes do gasóleo, “evitando así
ter que enfrontar o gasto de limpeza e conseguindo un servizo máis
eficiente”.
A Consellaría centraliza a subministración de gasóleo mais son os
centros os que teñen que responsabilizarse de solicitar orzamentos e
cubrir toda a documentación. “Os centros teñen que pedir orzamento a
todas as empresas adxudicatarias da súa zona e coller a máis barata,
mais na práctica, nalgúns casos, estas empresas redúcense a unha soa, co
que teñen que aterse ao prezo que lles dan, en moitos casos máis caro
que o que compraban antes”.
(Sermos Galiza, 10/11/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario