"No segundo trimestre de 2017, o indicador de confianza do consumidor
reflicte un valor de -8,18 puntos, 1,39 puntos por enriba do referido ao
trimestre anterior.
Neste trimestre aumentaron tres do catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. O indicador parcial de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.
Neste trimestre aumentaron tres do catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. O indicador parcial de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.
O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de
ingresos do fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais
son os que presentan valores máis baixos, mentres que a confianza
aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.
Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes
alcanza o valor de -30,94, mentres que entre os fogares que máis
ingresan ao mes (por encima dos 3.000 euros) o indicador sitúase en
17,39.
No segundo trimestre de 2017, o 54,52% dos fogares galegos chega con
facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 35,36% con dificultade e o
10,11% restante con moita dificultade.
Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 6,4 puntos
na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a
fin de mes, e unha diminución de 6,4 puntos na dos que chegan con
dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade non
variou no segundo trimestre de 2017 respecto ao primeiro.
Con respecto ao segundo trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares
que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 10,15
puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 0,59
puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu
10,75 puntos no segundo trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do
ano anterior.
NINGÚN EXTRA
O 24,08% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra no tres
últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións
ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de
alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar,
saír a cear, ir ao cinema, etcétera. Tamén se inclúe nesta categoría
poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se
permita deixar de traballar.
O 11,8% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a
comprar marcas brancas, produtos en oferta, etcétera. Esta foi a medida
económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos,
aumentar os ingresos ou afrontar pagos no segundo trimestre de 2017.
Ademais, o 11,58% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a
roupa e o calzado, o transporte, etcétera (non se inclúen nesta
categoría os gastos en alimentación).
O 64,05% dos fogares galegos pensou saír a cear, a cafetarías, ir ao
cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 39,94% aforrar algo de
diñeiro, o 38,29% facer algún extra en produtos de alimentación e o
17,97% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.
Diminúe a porcentaxe de persoas que pensou pagarse unhas vacacións,
viaxes ou estancias de lecer no próximos tres meses respecto ao mesmo
período do ano anterior (19,35% no segundo trimestre de 2016 fronte ao
16,85% do segundo trimestre de 2017).
O 16,45% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita, o 6,54% o coche e o 1,77% unha segunda vivenda." (Galicia Confidencial, 04/07/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario