"Nos últimos dous lustros vénse desenvolvendo un
interese científico ao redor da oliveira galega.
O fito máis destacable
acontece no ano 2015, cando Patricia Reboredo Rodríguez realiza unha
tese na Universidade de Vigo para o Departamento de Química Analítica e
Alimentaria, na Área de Nutrición e Bromatoloxía, chamada
“Caracterización aromática y fenólica de aceitunas y aceites de oliva
producidos en Galicia”.
Os resultados desta tese veñen a confirmar que,
das vinte mostras de ADN de oliveiras galegas recollidas nese estudo,
existen dúas variedades cuxos xenotipos son distintos ao resto de
variedades rexistradas na base de datos do Banco de Germoplasma Mundial
del Olivo (BGMO) da Universidade de Córdoba; ou dito doutro xeito, a
constatación da existencia das dúas primeiras variedades galegas de
oliveira recoñecidas coma tales.
Estas dúas variedades foron denominadas como Brava
galega e Mansa galega, mantendo así o nome que popularmente sempre se
lles deu nas bisbarras oleícolas galegas. Nesta tese doutoral, única na
súa especificidade sobre o oliveiral galego, tamén se indica que un
aceite producido unicamente coa variedade Brava galega supera o
parámetro marcado pola Comisión Europea para poder outorgarlle
propiedades saudábeis.
E por se non fose abondo, hai outro dato científico que se engade en dita tese e que afonda un chisco máis no iceberg da oliveira en Galiza: deses vinte exemplares analizados, existen outras dúas mostras de oliveiras do país que aínda non están rexistradas e que tampouco coinciden coas existentes na base de datos da BGMO.
Os feitos falan por si mesmos. E se os feitos subliñan que o presente olivareiro galego está moi vivo, o pasado agocha un cultivo que sufriu moitas estocadas, algunhas delas case mortais.
Houbo tempos en Galiza no que as oliveiras tiñan abundante presenza nalgunhas comarcas galegas e supuñan unha notábel fonte de financiamento e traballo. A constancia escrita vén dende Afonso X o Sabio, nas súas Cantigas de Escarnio e Maldizer.

Auxe e supervivencia fronte ao esquecemento
Houbo tempos en Galiza no que as oliveiras tiñan abundante presenza nalgunhas comarcas galegas e supuñan unha notábel fonte de financiamento e traballo. A constancia escrita vén dende Afonso X o Sabio, nas súas Cantigas de Escarnio e Maldizer.
Na Idade Media, dende as Médulas no
Bierzo, a carón do río Sil e os seus afluentes, a través do Miño e ata
chegar ás Rías Baixas, espalladas entre o verdor das carballeiras,
castiñeiros e lameiros, protexidas do frío nas concas fluviais do sur
galego, as plantacións de vides e oliveiras convivían nesta terra.
Unha análise histórica podería situar a expansión da
oliveira en Galiza da man dos conquistadores romanos, uns dos mestres
desta planta sacra.
O historiador romano Estrabón menciona no volume 3 de Geographika que os indíxenas galegos empregaban graxa animal na súa dieta, o que nos leva a dar verosimilitude á orixe romana do aceite en Galiza; unha planta que, a xulgar polos mapas de Begoña Bas no seu libro “Os muíños de aceite en Galicia: estudio preliminar”, concentra a cultura ancestral olivareira na bisbarra do río Sil na súa entrada a Galiza entre as provincias de Ourense e Lugo, illadamente en Lobios, o Val de Ourense e Monterrei, e xa máis afastado, o concello de Vedra, na Coruña.
Esta localización xeográfica das zonas nas que se atopan ou atopaban vellos muíños aceiteiros, permite formular ligazóns entre as explotacións auríferas que os romanos fixeron polo leste da antiga Gallaecia, e os cultivos de gusto romano que trouxeron canda eles, como son o viño e o aceite. Así, os invasores plantaron vides e oliveiras nos lugares máis solleiros e máis preto dos xacementos auríferos nos que traballaban.
Aínda hoxe, se os ollos están adestrados, se albisca esta secular parella nalgúns socalcos do pai Miño e o seu irmán Sil.
Daquela, a que se debe que a existencia de oliveiras sexa tan escasa na Galiza actual? Así como outros cultivos, coma o viño, mantiveron a súa presenza de xeito máis ou menos vizoso no país, as plantacións de oliveiras non tiveron tanta sorte.

Contan as crónicas do século XV que
os Reis Católicos, para castigar o rebelde pobo galego (revoltas
irmandiñas e insubordinación da maioría da súa nobreza) e para
favoreceren a recentemente conquistada Andalucía, crearon unha
draconiana fiscalización ás oliveiras galegas, mediante as alcabalas,
impostos ás transaccións, e o reforzamento dos dezmos, o que provocou a
corta de milleiros destas árbores, cunha sonada excepción: as terras de
Monforte, onde os Reis Católicos premiaron a fidelidade do Conde de
Lemos, unha argumentación histórica que sostén a notábel presenza de
oliveiras centenarias e ata oliveirais nas zonas do val de Monforte,
Quiroga, Ribas de Sil e Larouco.
Pero a historia da oliveira galega reservaba máis
calamidades para o patrimonio botánico do país. En documentos de séculos
posteriores, houbo unha nova tentativa de consumalo ecocidio; no século
XVII fálase dunha nova norma anti-oliveira por orde do Conde Duque
de... Olivares para reforzar os seus latifundios olivareiros sevillanos.
Despois de séculos escuros nos que o aceite familiar se levaba ao muíño
máis próximo para facer a moenda, ou se facía para algún pazo ou
bispado provincial, e máis alá dun pequeno pulo nos comezos do século XX
grazas ás recentemente creadas factorías conserveiras de peixe das Rías
Baixas, o oliveiral galego esmorece.
Tan só se mantén unha produción
local nalgunhas zonas olivareiras ata comezos da década dos setenta do
século pasado, ficando tan só producións familiares illadas e pensadas
para o autoconsumo.
Un presente de pioneiros... e non tanto
Hai corenta anos a histórica presenza de oliveiras en Galiza acreditábana algúns eidos illados con vellas plantacións nas comarcas olivareiras de Verín e Quiroga. As escasas superviventes que non foron cortadas nos séculos escuros medraban preto de mosteiros, reitorais, camposantos, capelas e igrexas. As oliveiras pertencentes á Igrexa foron respectadas por mor do emprego desta planta nos rituais de defuntos e Pascua.
A finais do século XX, a Xunta do bipartito do PSdeG e
BNG impulsa unha serie de plantacións en determinadas zonas de
tradición olivareira mais que caen no esquecemento co cambio do goberno
galego.
De xeito privado, algúns viticultores da zona de Quiroga, como
as adegas Mondelo ou Val de Quiroga, comezan a elaborar o aceite que
tradicionalmente facían na casa, mais con nova maquinaria e de xeito
industrializado e volven recuperar árbores centenarias e ata milenarias,
multiplicando ditas castes mediante o tradicional estacado. En 2015 a
APAG –Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia– calculou a
produción en aproximadamente 7.000 litros de aceite galego virxe extra.
Ao tratarse de cantidades pequenas cunha distribución minifundista do
cultivo e cunha elaboración de castes case extintas, o resultado
comercial é que o valor deste aceite no mercado sexa moito maior ca a
meirande parte dos aceites do resto do Estado. Hoxe en día, o prezo
medio aproximado do aceite galego virxe extra para o consumidor final é
duns 25 euros o litro, podendo chegar aos 30 euros en cultivo ecolóxico.
A Xunta amosou certo interese neste cultivo nestes
últimos anos, e vén dotando de axudas e subvencións á gran marca de
aceite producido en Galiza, a ourensá Aceites Abril, que leva xa varios
anos apostando maioritariamente por variedades coma a Picual e a
Arbequina, ambas e dúas foráneas, e plantándoas nun sistema
superintensivo de cultivos con marcos de metro, o que acelera a entrada
en produción, mais co resultado dun aceite de moito menor valor engadido
có procedente de castes autóctonas, dada a grande oferta deses dous
aceites por todo o Estado.
Casas produtoras coma Olei, aceites José Galán, Val
de Quiroga, Ouro de Quiroga ou aceites Figueiredo veñen traballando na
posta en valor do aceite autóctono. En febreiro de 2015 créase a
Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG), que conta
entre os socios con algunha das empresas citadas e que nace coa
finalidade de crear un tecido produtivo e colaborativo mediante o cal
formular iniciativas no sector olivareiro galego, implicando á
administración galega nesta posta en valor.
Este mesmo ano, a APAG
solicitoulle á Xunta unha denominación de orixe (DO) protexida para a
produción olivareira galega, a primeira pegada dunha longa mais
apaixonante andaina na procura de poñer en valor esta planta, que
ademais de mediterránea, tamén pode ser atlántica.
Os avais científicos manifestados na tese de Patricia
Reboredo veñen a reforzar o que nalgunhas zonas do país era unha
realidade histórica. O pasado 5 de abril de 2017, o CSIC, a través do
Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia xunto coa Fundación
Juana de Vega e a APAG, presentaron o proxecto de investigación
“Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de
Galicia” no que, ao longo de 4 anos, farán unha prospección exhaustiva
nas catro provincias galegas para recoller, analizar e producir mostras
de aceite co fin de obter unha xenealoxía fiábel para estruturar as
futuras plantacións e producións de aceites galegos.
As castes acabadas de descubrir e as que aínda fican
por descubrir non son máis que a crónica dunha nova vida anunciada, un
cultivo que ten todos os requirimentos para volver a ser non só unha
maneira de aproveitar os minifundios para o autoconsumo, senón un xeito
de profesionalizar o sector a través da súa xestión cooperativa e
asociativa, e unha saída laboral de futuro no rural galego, cuns custes
económicos e de tempos menores en comparación aos coidados que se lle
dan ao tradicional bacelo.
Os produtos da oliveira galega, e o seu máximo
expoñente, o aceite virxe extra galego, están chamados a ser unha das
referencias na xa sonada gastronomía galega." (Paco Paz, O Salto, 26/10/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario