22/10/18

O Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a 20 en catro anos cun investimento de 400 euros

"O Concello do Valadouro reduciu os niños de velutina de 400 a preto de 20 nun período de catro anos, segundo espuxo o alcalde, o socialista Edmundo Maseda, que afirmou que o municipio é “o primeiro de Europa” en conter a praga da avespa asiática. 

O rexedor resaltou que se acadaron estes resultados cun “trampeo amplo e artesán con botellas de plástico, zume de amorodos e unha bebida alcólica, que pode ser a cervexa”. O custo deste remedio, segundo o goberno local, foi de 400 euros.

O goberno valadourense achegou estes datos na mesa redonda sobre a avespa asiática que se celebrou con motivo da trixésimo primeira edición da Feira do Mel.

Participaron na charla a apicultora María Fé Sixto, o investigador da USC Xesús Feás, o xerente de Serpa, José María Vázquez, e o secretario xeral do PSOE en Lugo, Álvaro Santos Ramos."        (Xornal da Mariña, 15/10/18)


No hay comentarios: