"A Sanidade pública galega está pasando polos seus
peores momentos en moito tempo. Unha situación que está obrigando ao
conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, a cambiar de estratexia e pasar da defensa ao diálogo co sector. Tras a dimisión en bloque dos xefes da área sanitaria de Lugo, folgas e protestas en Urxencias e PACs, a falta de pediatras, comisións paralelas e colapso de algúns servizos, a Xunta decidiu dar un paso atrás.
Nin a axuda e os titulares de xornais e medios de
comunicación "amigos" son quen de parar o vendaval que existe na
sanidade público. Por iso, Almuíña recuou e este xoves, tras sufrir un escrache na súa propia casa en Baiona,
comprometíase cos médicos de atención primaria de Vigo a pór en marcha
“medidas a curto prazo”, nun período de tres meses, para mellorar
cuestións relacionadas con esta área sanitaria, en particular a
accesibilidade á asistencia hospitalaria.
Era o que lle levaban pedindo dende hai días os xefes de servizo dimisionarios da área sanitaria de Vigo, que lle trasladaron unha listaxe de propostas para mellorar a situación na atención primaria desta zona. Unhas críticas aos que nos últimos días tamén se sumou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que denunciou colapso nas Urxencias do Cunqueiro.
MÁIS PROBLEMAS
Ao Sergas acumúlanselle os problemas. Este mesmo venres, a asociación SOS Sanidade Pública acusou á xerencia da área sanitaria de Santiago de levar a cabo "campañas de desprestixio" contra as profesións e instouna a "asumir" as súas responsabilidades.
Unha situación que se produce logo da denuncia do sindicato Omega que asegura que o pasado día 2 de xaneiro dous pacientes faleceron nos servizos de urxencias tras deteriorarse por esperar horas nos corredores.
"Terminen coa súa política de intentar buscar culpables do que ocorre no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)", esixe a asociación, que asegura que o que ocorre nas urxencias "non é novo" e repítese cada ano" por falta de planificación da xerencia.
"Unha administración responsable ten que avaliar os datos dos anos anteriores para planificar a asistencia en determinadas épocas do ano", recorda SOS Sanidade Pública que se pregunta a utilidade de "tantos cargos directivos".
ENFERMEIROS
Na mesma líña, o Sindicato de Enfermería (Satse) en Galicia esixía este venres ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que contrate máis persoal de enfermería ante o "notable incremento da presión asistencial" nos centros hospitalarios pola incidencia da gripe na poboación o que está a provocar saturacións nos servizos de Urxencias, sen que aínda esteamos no pico alto.
Así, advertía dos "graves problemas" aos que se están enfrontando nos últimos días" os profesionais de enfermería dos servizos de urxencias dos distintos centros hospitalarios da comunidade, "ao rexistrarse un notable incremento da presión asistencial pola incidencia da gripe na poboación sen que se aumentaron de forma conveniente os persoais", asegura.
"Pacientes en padiolas e cadeiras de rodas polos corredores en lugar de ser ingresados, esperas de resultados superiores ás 48 horas, espazos sen cortinas nin biombos que ofrezan certa intimidade, acompañantes sentados no chan... Éstas e outras situacións están a vivirse nos hospitais galegos", segundo os testemuños dos profesionais trasladados por Satse.
ÚNICA SUDIRECCIÓN DE ENFEMEIRÍA
Por outra banda, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria reclamaron este venres á Consellería de Sanidade a creación de direccións de enfermería de Atención Primaria (AP) dependentes das xerencias das áreas sanitarias e mostraron o seu rexeitamento á proposta de crear direccións médicas que xestionen toda a AP.
Nun comunicado remitido aos medios, a asociación recorda que a creación das xerencias de xestión integrada que uniu os órganos directivos de Atención Primaria e Hospitalaria motivou que unha única subdirectora de enfermería de AP xestionase a todos os enfermeiros da xerencia baixo a organigrama dunha única dirección de enfermería." (Galicia Confidencial, 18/01/19)

No hay comentarios:
Publicar un comentario