"Este mércores 19 de xuño médicos de Atención Primaria de toda Galicia
están chamados e chamadas a unha nova folga sanitaria. A convocatoria foi decidida o mes pasado pola Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) co apoio de Precarias e o persoal mobilizado dos PAC.
Todos estes colectivos reclaman principalmente melloras laborais, máis
financiamento, máis persoal e incremento na capacidade de decisión da
Atención Primaria.
Ademais, tamén se demanda o incremento progresivo do orzamento ata o 25% para Atención Primaria e
a recuperación das estruturas de xestión deste nivel asistencial nun
prazo máximo de 12 meses. Reclámase igualmente que se habilite de forma
inmediata a derivación e a consulta telemática con outros servizos, así
como a "igualdade de acceso" a probas diagnósticas. Tamén se pide que sexan convocadas en oferta pública de emprego todas as vacantes actuais e previstas no servizo.
A comezos de abril o Sergas conseguira forzar a desconvocatoria da folga
impulsada daquela polos sindicatos e a Coordinadora Galega de Atención
Primaria (CGAP). Nese momento, Sanidade aceptou crear un Consello
Técnico formado por representantes de todos os colectivos co obxectivo
de negociar os cinco puntos "irrenunciables" esixidos pola Coordinadora
Galega e mais o novo modelo de Atención Primaria.
Porén, poucos días
despois o persoal comezou a valorar xa a convocatoria dunha folga, desfacéndode a Coordinadora Galega de Atención Primaria e abríndose varias frontes de conflito e oposición á política sanitaria do Goberno galego. Polo camiño, unha exitosa folga nos centros de saúde da área sanitaria de Vigo marcou o camiño para a convocatoria deste mércores.
Asemblea de Áreas Sanitaria (AAS) destaca que "esta convocatoria está
xustificada polo gran malestar entre as profesións sanitarias nos
Centros de Saúde pola deterioración das condicións do traballo
asistencial, relacionadas coa mala xestión, a carencia de recursos e a
falta de decisión da actual Administración de poñer en práctica as
recomendacións internacionais sobre o papel da Atención Primaria no
sistema sanitario".
Ademais da folga, nos centros de saúde de todo o país, está convocada
unha manifestación que dende as 12 horas percorrerá as rúas de Santiago
dende a sede da Xunta en San Caetano ata a sede da Consellería de
Sanidade en San Lázaro.
"Se tivésemos que sintetizar nunha frase o motivo desta folga sería 'Queremos tempo para atender aos nosos pacientes, para facer o noso traballo correctamente'", subliñan dende A Coruña Ramón Veras e Jesús Caeiro, que engaden que "para iso fan falta máis prazas de persoal, facer contratos atractivos para que os médicos xoves non marchen, ter un financiamento adecuado e introducir cambios na xestión".
Veras e Caeiro critican que "a Consellería de Sanidade négase a falar directamente cos profesionais que estamos nos centros acotío facendo o traballo e padecendo a incapacidade de xestión da dirección e deste Conselleiro. Nin sequera convocou ao comité de folga demostrando a nula intención de diálogo". (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 19/06/19)

No hay comentarios:
Publicar un comentario