23/1/20

Traballadores de Política Social denuncian que recibiron ordes para facer de "axentes de propaganda" de Feijóo... con fotos dos meniños para "agasallar as familias cunha felicitación de Nadal acompañada dunha carta do señor Feijoo a cada familia"

"O Comité da Consellería de Política Social de Pontevedra denuncia que o pasado mes de Nadal, e por indicación da dirección deste departamento, traballadores de escolas infantís foron obrigados a facer "propaganda e publicidade" da Xunta e de Feijóo. "Manifestamonos en contra destas prácticas impresentables e da utilización do diñeiro público para intereses partidistas", di.

A través dun comunicado, o comité denuncia que o pasado mes de Nadal estiveron pasando polas escolas infantís do Consorcio e mais da consellaría, fotógrafos profesionais para facer fotos de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do país. "Un traballo que se fixo sen ter consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario", indica.


O obxecto das fotos, segundo a Consellaría de Política Social, era "agasallar as familias cunha felicitación de Nadal". Un agasallo que, viña, ademais, "acompañado dunha carta do señor Feijoo a cada familia". 


Ademais, denuncia que aos centros de traballo chegaron indicacións precisas para que "as traballadoras e traballadores ensobraran as fotos e maila carta, facendo así que, o persoal, fixese de axente de propaganda". E isto sucede, di, "mentres os centros de traballo non contan cos materiais necesarios (xoguetes, contos, etc.)", "graves deficiencias" nas instalacións ou falta de persoal. "        (Galicia Confidencial, 20/01/20)

No hay comentarios: