21/2/20

A tormenta de Pemex tamén salpica o círculo de confianza de Feixoo...

 "(...) Los contratos a empresas privadas por los que Lozoya asegura recibió presión del expresidente Peña Nieto para otorgarlos suman unos 850 millones de dólares y tienen que ver con plataformas de perforación, la adquisición de Fertinal y los astilleros en España. 

Precisamente por contactos relacionados con este último negocio fue como Lozoya logró establecerse en España. El exdirector de Pemex forjó vínculos y negocios con el político Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Junta de Galicia, y la empresaria Mar Sánchez Sierra, tras la compra de un astillero a sobreprecio y mediante presuntos actos de corrupción. Ellos protegían a Lozoya en la Costa del Sol española, a donde llegó a finales del año pasado tras una estancia en Rusia.  (...)"                   (Mario Maldonado, El Universal, 17/02/20)

"A detención en Marbella e posterior entrada en prisión de Emilio Lozoya, ex director xeral da petroleira Pemex, sitúa o nome do presidente en funcións da Xunta e candidato do PPdeG o 5 de abril, Núñez Feixoo, en boca de boa parte da prensa mexicana.

 “O caso Lozoya complica o presidente da Galiza”, resume a situación La Política Online.


Fronte ao silencio das principais cabeceiras mediáticas na Galiza, en México o tema de Pemex e Barreras ocupa novas, reportaxes e mesmo artigos e de opinión e análises. En El Universal, o xornalista especializado en economía e finanzas, Mario Maldonado escribe que o responsábel de Pemex agora detido “forxou vínculos e negocios” con Núñez Feixoo, citando tamén Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios desde 2009 e unha das asesoras política de total confianza do presidente da Xunta.


Ao tempo que a treboada mediática en México sobre Pemex salpica o Goberno de Feixoo, Executivo e Fiscalía do país azteca continúan a centrase na investigación dos negocios da petroleira na Galiza e posíbeis consecuencias penais.


Sete anos despois da compra de Barreras por Pemex con todas as benzóns da Xunta de Feixoo, a operación está a ser investigada polo Goberno de México, que pretende levala perante a Fiscalía Xeral da República (FGR, nas súas siglas en español).  


Baixo sospeita


México confirmou que investiga o ex dirixente de Pemex, entre outros casos, pola entrada da petroleira na firma viguesa Hijos de Barreras no ano 2013 por 5,1 millóns de euros. O presidente mexicano chegou a sinalar ao respecto que aqueles contratos "non ofrecían un trato xusto" para a compañía azteca. Porén, a operación "vendeuse" na Galiza como un éxito derivado das negociacións desenvolvidas polo Goberno de Feixoo. Ese ano e o seguinte, o presidente galego chegou a manter dous encontros con Lozoya na capital mexicana para "reforzar a alianza estratéxica"


Segundo recollen distintos medios mexicanos, a Unidade de Intelixencia Financeira (UIF) ten en curso unha investigación sobre aquela compra e ten previsto levar o caso perante a Fiscalía Xeral da República Mexicana, baixo a tese de que a adquisición de Barreras reportou perdas de 50 millóns de euros a Pemex. Onte, após o Consello da Xunta, Feixoo negou a Nós Diario que existise, "polas informacións que coñece", tal investigación.


A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube."     (Nós, 19/02/20)

No hay comentarios: