"O sindicato O'Mega volve advertir da morte dunha persoa nos corredores
de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago e estuda recorrer á vía
penal pola "sexta morte desde 2011" no mesmo espazo, do que critica a
falta "recursos loxísticos e humanos".
"Faleceu esperando nun corredor a ser atendido por un médico, xa que todos estaban ocupados con outras urxencias
e, malia ser trasladado á unidade de críticos, nada puido facerse pola
súa vida", conta o sindicato, que leva semanas denunciando novos
colapsos nas Urxencias do CHUS.
Desde a xerencia área sanitaria
compostelá, pola súa banda, "lamentan" o falecemento deste varón de 84
anos que, advirten, sufriu "a deterioración da súa saúde estando á
espera de ser colocado en box para unha segunda exploración" e
despois de que na primeira valoración fose clasificado como de
"prioridade non grave". O Sergas aclara que foi "inmediatamente
ingresado na zona de críticos, onde posteriormente se confirmou o seu
falecemento".
O'Mega
asegura que o paciente é colocado nun corredor á espera de que quede un
oco libre para que un médico "inicie a exploración do paciente e valore
o que hai que facer". "O paciente levaba algo máis dunha hora, que non é
tempo excesivo, pero si o é se o sitio no que o 'estacionan' está fóra
do control directo do persoal sanitario", engade o sindicato.
O Sergas asegura que o doente "tivo a primeira atención sanitaria en menos de dez minutos desde a súa chegada"
e que "os seus parámetros non revelaban gravidade nin indicaban
prioridade sanitaria alta". Foi, din, cando estaba á espera de pasar a box para unha segundo exploración cando a súa saúde se empeorou.
O sindicato O'Mega aclara que "non é
infrecuente" a morte dun paciente en Urxencias e que o risco é "asumido"
por todo o equipo sanitario. No entanto, asegura que "o problema xorde
cando esa morte se produce nunha contorna que atenta contra a dignidade
da persoa e dos seus achegados, aos que se lles deixa a dúbida de se
puido facerse algo máis". Segundo denuncian fontes médicas, naquela
xornada do xoves 30 de xaneiro chegou a haber "12 pacientes graves no
corredor e máis de 39 pendentes de ingreso ocupando o espazo de
traballo".
Ademais,
O'Mega asegura que o falecemento do home podería ser "puntual", pero
advirte de que xa van seis "feitos puntuais" no Clínico, en referencia
ás seis mortes en Urxencias que o sindicato levou ao xulgado e ante a
Fiscalía por se fosen constitutivos de delito. Todas elas foron
sobresidas. "A conclusión final é que o persoal sanitario, especialmente
médico, actuou con dilixencia e que non é punible; faltaría máis, eles
son os que solventan todos os problemas", di O'Mega, que cre que hai un
"veo escuro que oculta o chegar a outros posibles responsables das
carencias estruturais dos servizos de Urxencias, xa que son cargos de
designación política que só poden xulgarse nese ámbito".
Desde
o sindicato aseguran que a Xustiza arquiva os casos porque considera
que os médicos non teñen responsabilidade e que a vía penal "non é a
axeitada". Por iso, o colapso nas Urxencias vai agora pola vía social á
espera de que se pronuncie o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
(TSXG).
Foi hai algo menos dun ano cando a Fiscalía abriu dilixencias informativas penais despois de que profesionais médicos denunciasen a morte de dúas persoas nas Urxencias do Hospital Clínico logo de tempo agardando nos corredores sen ser atendidos. Os dous pacientes faleceran o 2 de xaneiro de 2019, xornada na que persoal sanitario e usuarios denunciaron o colapso e masificación no servizo, que sumou varias semanas de folga, precisamente, denunciando esta situación e reclamando melloras.

Fora
Fátima Nercellas, delegada de persoal en Urxencias e do sindicato
O'Mega, quen denunciara os casos. A súa acción provocou que o Sergas
cargase con dureza contra ela. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez
Almuíña, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encargáranse de
negar a versión da doutora, á que acusaron de "mentir" ou de levar a
cabo "unha canallada" a través da súa demanda ante a Fiscalía. A
profesional respondeu advertindo de que avisara ata tres veces mediante correo electrónico á Administración do risco e das carencias do servizo durante o "colapso".
Tal e como lembram Fátima Nercellas e o sindicato O'Mega, con este último, son seis xa os falecementos denunciados nos últimos anos no CHUS, tras dous casos máis de mortes de anciáns agardando a ser atendidos, un en 2011 e outro en 2013, e outro dunha muller en febreiro de 2017, que fora denunciado pola Fiscalía, que acusara a Xunta. " (Miguel Pardo, Praza Pública, 04/02/20)

No hay comentarios:
Publicar un comentario