"O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que contactou co Goberno de España para que faga unha “repartición directo” de máscaras ao Concello olívico, dado que a Xunta, a administración que debe distribuílas, esá “escatimando” na repartición dese material.
Así o trasladou nunha rolda de prensa telemática, na que lembrou que o Concello encargou 100.000 máscaras (das que xa se repartiron 7.500) e tentará comprar outras 200.000. “O problema non é o diñeiro, é que non as hai”, engadiu.
A ese respecto, volveu a insistir en que a Xunta recibiu “millóns” de máscaras por parte do Goberno central.
“Onde están as de Vigo? Xa estou en contacto co Goberno de España para
exporlle que nos faga unha repartición directa (…), porque as da Xunta
non nos chegan no número que nos corresponde. Por iso estounas tentado
comprar”, proclamou.
Abel Caballero volveu a preguntar polos criterios de repartición dese
material (uns criterios que, segundo sinalou reiteradamente a Xunta,
acordáronse na Federación Galega de Municipios e Provincias) porque
segundo o rexedor a Vigo chegaron, desde a Xunta, “escasamente 15.000 máscaras, que “non é nada”, sen contar outras 14.000 que están caducadas
desde 2014 e que o consistorio se nega a repartir (aínda que a
administración autonómica recalcou que cumpren os criterios e están
certificadas polo Ministerio de Sanidade).
“Eu esperaría que a Xunta nos provisionara polo menos 300.000
máscaras, ou máis, pero non as vexo. A cifra do último lote, 7.500, é
sinxelamente ridícula”, insistiu." (Xornal de Vigo, 24/04/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario