18/11/22

Camiño do terceiro mundo... xa tardaba... O Consello Galego de Colexios Médicos expresou publicamente que "asiste atónito" á que a Xunta contemple a posibilidade de que Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas poidan estar atendidos só por persoal de enfermaría, sen persoal médico... e Rueda di que "mellor iso que nin sequera ter iso"

 "O Consello Galego de Colexios Médicos expresou publicamente que "asiste atónito" á que a Xunta contemple a posibilidade de que Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas poidan estar atendidos só por persoal de enfermaría, sen persoal médico

 O Consello Galego de Colexios Médicos expresou publicamente que "asiste atónito" á que a Xunta contemple a posibilidade de que Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas poidan estar atendidos só por persoal de enfermaría, sen persoal médico. "Reto a que se diga quen dixo que non ía haber médicos nos PAC", expresou pola banda o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

O anuncio de que profesionais da enfermaría da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés recibirán formación específica para o caso de teren que atender PAC onde non haxa médico fixo saltar as alarmas. O conselleiro subliñou que é algo "rutineiro", pero este xoves o presidente da Xunta xa admitiu pola vía dos feitos a posibilidade de que estes puntos de urxencias de Atención Primaria poidan carecer de persoal médico e fiquen só con enfermaría. Iso si, de xeito "conxuntural" e nese caso, coida, "mellor iso que nin sequera ter iso".

Preguntado ao respecto tras a reunión semanal do Consello do Goberno galego, Rueda especificou que esta non é "unha medida permanente" nin "unha renuncia definitiva a ter médicos en determinados centros de saúde ou PAC" e que "se encarguen as enfermeiras". Pero "se por calquera circunstancia non houbese un médico", di, cómpre que "cando menos, as profesionais da enfermaría teñan a capacidade de dar a seguridade que precisan os pacientes" e niso, razoa, consiste a formación.

Trátase, polo, tanto, dunha acción "conxuntural, non pretendemos que sexa permanente nin substitutiva". Mentres, mantén, a "solución témola clarísima" e consiste en "favorecer" a cobertura desas prazas "tamén" con incentivos económicos. Pero sobre todo, reitera, "quen tería a posibilidade de poñer solucións" é o Goberno de España, a quen reclama un MIR -proceso de formación do persoal médico- extraordinario e a creación da especialidade de medicina de urxencias.

BNG e PSdeG ven a falta de médicos consecuencia de 13 anos de política sanitaria do PP

O razoamento da Xunta non convence os grupos da actual oposición, menos aínda despois das críticas do Consello de Colexios Médicos. Para a portavoz nacional do BNG non cabe outra posibilidade que non sexa "rectificar o despropósito" de contemplan que poida haber PAC sen persoal médico, "cando son precisamente o lugar onde acoden as persoas cando teñen unha urxencia".

"O que está pasando é gravísimo", coida Ana Pontón, para quen "querer que nos PAC non haxa médica ou médico" é tanto como "poñer en risco a saúde" e mesmo "a vida das galegas e galegos". "É unha tremenda irresponsabilidade dun Goberno que leva trece anos cunha política de recortes na sanidade pública e isto é a última volta de torca", coida, mentres lembra que as emendas do Bloque aos Orzamentos de 2023 inclúe unha inxección extra de 200 millóns para atención primaria.

Tamén o secretario xeral do PSdeG liga a situación coa política sanitaria do PP na última década. "Queren facer do Sergas un Amazon sanitario", ironiza en referencia a que parte do persoal "ten menos estabilidade que un mozo de almacén" desa compañía. Valentín González Formoso encadra a actual situación nunha "axenda oculta" dos conservadores que "leva a situacións límite como PAC onde non hai médicos".

Neste contexto, Formoso ve "unha cortina de fume" a petición de máis prazas MIR para formar persoal médico, reiterada por Rueda e Comesaña. "O Goberno de Pedro Sánchez aumentou nun 30% as prazas ofertadas", polo que o Goberno do PP "pon o foco nunha polémica que non é tal". A cuestión, advirte o socialista, é que "os profesionais deciden marchar a outras comunidades autónomas unha vez finalizada a formación polas condicións laborais de Galicia"."              (David Lombao , Praza.gal, 17/11/22)

No hay comentarios: