“Manexo clientelar dos cartos, ausencia de criterios claros na concesión de axudas, subvención a proxectos inexistentes... Problemas todos debedores da falta de estratexia para aproveitar a inxección continua de miles de millóns de euros que chegaba de Bruxelas. Un conxunto de presuntas irregularidades que abrollaron á beira da aplicación dalgúns proxectos europeos que foi polémica durante anos no debate político e social. PSdeG e BNG criticaron en reiteradas ocasións o clientelismo e a improvisación que, na opinión de responsábeis destas formacións políticas, caracterizaron o uso das axudas europeas no longo treito do PPdeG no goberno.
Nunha situación normal de xestión a renda media de Galiza podería ser como mínimo "un 20% maior" do que é na actualidade. Nesa análise coincidiron diversos expertos internacionais convidados ao foro organizado a finais de 2005 pola Xunta en colaboración coa Zona Franca de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario