14/11/10

As Pontes saca prazas para xornalistas sen cualificación

"Nos municipios galegos é práctica habitual convocar oposicións deseñadas especificamente para algunhas persoas concretas, mesmo chegando a sacar prazas de redactor nas que non se pide máis que estudos primarios.

“Resúltanos absurdo que unha administración poida contratar persoas sen cualificar para postos de carácter técnico e para os que existe unha titulación impulsada e impartida polas universidades públicas que cursan anualmente centos de persoas. Titulacións e estudos que son, ademais, financiados con cartos públicos.

Contrataría un municipio un arquitecto sen titulación? Como pode asumir unha persoa unicamente co Graduado Escolar ser o redactor nunha televisión local? Como pode operar unha cámara alguén sen formación específica, que só cursou estudos de bacharelato?”, argumenta o SXG, que considera que estes comportamentos reflicten unha falta de respecto tanto polos profesionais da comunicación debidamente preparados como polos cidadáns destinatarios da información.

Na Oferta Pública de Emprego do Concello das Pontes figuran os seguintes postos e requirimentos:

“Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente: Denominación: axente de publicidade Radio TV

Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente: Denominación: redactor-locutor-cámara

Nivel de titulación: Graduado Escolar FP1 ou equivalente: Denominación: técnico-locutor. (...9

Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente: Denominación: técnico de son." (Galicia Confidencial, 14/11/2010)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Valentin vendidooooooo!!!!!

admin dijo...

Non tedes puta idea, non sabedes do que falades, estas plazas sacaronas para facer fixos do concello ós traballadores da Radio Televisión de As Pontes, e pareceme o mais normal do mundo que os faigan xa que estes traballadores levan toda a vida traballando alí e foron eles os fundadores da televisión. ¿E agora que queredes deixalos no paro? E moi facil falar por falar.