25/2/12

Ryanair, que voa dende Lavacolla, seguirá cobrando un millón de euros en 2012, e outro millón de euros en 2013

"Anuncia a Xunta de Galicia que pon fin ás subvencións a compañías aéreas que voan dende Alvedro e Peinador. O argumento é que se ten constatado o fracaso destas políticas como instrumento para incrementar o número de turistas que visitan Galicia.

Aínda así, sen embargo, mantén a subvención a Ryanair que voa dende Lavacolla e que seguirá cobrando un millón de euros en 2012, e outro millón de euros en 2013. Decisión que non cadra coa razón que se da para cesar as subvencións ás compañías que operan dende Alvedro e dende Peinador.

Á vista dos datos que se amosan a continuación, parece máis que xustificada a decisión de deixar de achegar diñeiro público para manter artificialmente voos dende os nosos aeroportos. O que non se entende ben é por qué se mantén a excepcionalidade de Lavacolla. (...)

Para entender ben o absurdo destas políticas de subvención que dende hai anos ven levando a cabo o goberno galego, sería interesante dispor de estatísticas sobre a mobilidade de longa distancia da poboación.

Desgraciadamente, eses datos non existen. Só puidemos localizar algúns datos illados a nivel español. Por exemplo, o 20% da poboación acapara o 80% dos viaxes de ocio. Un de cada dez españois nunca saíu da súa provincia de nacemento, e o 15% non saíu da súa comunidade autónoma. O 48% da poboación española non saíu nunca de España. Só un 7% de españois viaxaron por ocio ao estranxeiro en 2009. 

A nivel internacional, os poucos datos que conseguimos encontrar, e que poden servir de referencia para o caso galego, indican, por exemplo que en Suíza un 16% da poboación nunca viaxou en avión. Cifra que se eleva ata o 32,60% si se consideran aquelas persoas que non voaron nos últimos cinco anos. O que pon en evidencia a exclusión da mobilidade aérea dun segmento relevante da cidadanía."                (A furada do trasno, 19/02/2012)

No hay comentarios: