2/3/12

"Semella que máis ben é o estado de ánimo o que é consecuencia da crise"


"Dicía Valdano, aquel ex futbolista reconvertido por un tempo a filósofo, que o fútbol é máis que nada un estado de ánimo. Non faltan expertos económicos que acreditan en que tamén a crise é, sobre todo, un estado de ánimo.

O anterior presidente do goberno Rodríguez Zapatero, sostivo durante un tempo a mesma opinión. Quizá este fose o motivo de por qué el, de natural optimista, se negou durante tanto tempo a aceptar que había crise. So caeu do cabalo e aceptou que a crise non era só anímica, cando dende Europa, ou dende Alemaña, empezaron a poñerlle deberes de obrigado cumprimento.

Os defensores desta teoría opinan que os nosos hábitos de consumo modifícanse simplemente de tanto oír falar da crise. Aínda que a situación laboral ou económica dunha persoa non se teña visto afectada, hai crise e iso significa que hai que gastar menos e que hai que adiar as decisións de compras importantes. 
 
Segundo esta argumentación, ao menos unha parte da caída na demanda interna tería a súa orixe nese estado de ánimo xeneralizado. (...)

Sen embargo, non todo é estado de ánimo. No Gráfico amósanse as respostas a respecto das dificultades da economía familiar para chegar a fin de mes. O 10,52% manifestan que teñen moitas dificultades para chegar a fin de mes. E o 60,34% que chegan con dificultade. Polo tanto, só un 29,14% chegan con certo desafogo.

Á vista destes datos, semella que máis ben é o estado de ánimo o que é consecuencia da crise."            (A furada do trasno, 25/02/2012)

No hay comentarios: