25/3/13

O corralito galego das preferentes: “Quen nos dera a nós a quita dos de Chipre”

"O rescate da UE a Chipre pagarase en boa medida cunha taxa sobre todas as contas bancarias existentes na illa. Unha quita. O mesmiño que se impón en Galiza aos afectados polas preferentes para pagar o rescate dos bancos que os estafaron.  (...)
 
“Arruinaron a vida a miles de galegos, por que non de chipriotas?”

Hai unha palabra que estes días se está a empregar ao falar do rescate de Chipre e que é ben coñecida na Galiza: quita. Os milleiros de estafados polo calote das preferentes no noso país saben ben o que é. “Do que tiñamos aí aforrado vannos quitar unha boa tallada. Quedan cos nosos cartos! E para pagar o rescate dos mesmos bancos que nos enganaron e estafaron!!”. Quen así fala é Xosé Vicente, dunha plataforma de afectad@s arousá.
 
A principios deste mes o goberno español anunciaba que a quita media das preferentes roldará o 40%. O que supón millóns e millóns dos pequenos aforradores galegos. “Na Galiza hai sobre 90.000 estafad@s por preferentes e subordinadas, a metade do que agora é NCG banco”, lembra Vicente.

Desde esta plataforma mesmo falan, nunha mistura de ironía e indignación, do 'roubo perfecto': “Os bancos engánannos. Logran os nosos aforros. Xestionan todo mal e vanse a pique. Hai que salvalos. E fano cos nosos cartos. E ese rescate págase, en parte, co 40% que nos rouban do que tiñamos aí metido. E eles vanse de rositas, sen que lles pase nada”.       (Sermos Galiza, 19/03/2013)

No hay comentarios: