"Manuel é un mecánico axustador do naval galego, ex sindicalista de
Vulcano, que leva tres días en folga de fame. Desde entón leva durmindo
diante do concello de Redondela para reclamar os dereitos que, como
traballador, lle asisten.
E é que a Manuel, o INEM lle embargou parte dos catro meses de paro por
unha axuda familiar xa cobrada. Ten pendente de pago dous meses de
aluger da súa casa. Os veciños do Concello, que o coñecen, xa lle deron
algunha axuda para que cubra as súas débedas. El di que o devolverá
todo, aínda que non llo queiran.
Segundo Anova-Redondela, é o primeiro caso dun desfiuzamento en
Redondela que decide facer unha folga de fame. "Manuel acaba de
emprender unha dura loita, el sabe que non é por el é por todas esas que
mañá ou pasado poden quedar na rúa, sen recursos", sinala esta
organización.
O pasado ano máis de 5.000 familias galegas perderon a súa casa. Unhas
cifras que supoñen o triple que en 2009 e un 90% máis que en todo o
2010. Precisamente, hai catro días, un veciño de Bilbo suicidouse cando
ía ser desafiuzado. Nos últimos meses, xa son case un dúcia as persoas
que se suicidaron ou tentaron suicidar por mor dos desafiuzamentos." (Galicia Confidencial, Redondela, 10/03/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario