"O presidente galego parace citados varias veces na Pokemon; para
tentar arranxar o conflicto de sucesión en Santiago, coa aparición das
fotos súas con Dorado ou pola súa intermediación para validar o cese do
interventor e secretario de Santiago e renovar, así, un contrato con
Aquagest.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén é
un actor, aínda que secundario, no sumario da Operación Pokemon. En
varias ocasións aparece citado o seu nome, aínda que, por xestións
indirectas dos implicados na operación.
Así, cando se coñece a imputación de Conde Roa por un delito contra Facenda, a Xunta quixo "arreglar con los jueces",
pero o fiscal negouse. Entón, Feijóo tentou, nun primeiro momento
sortear a crise facendo un relevo ordenado. Asi, nunha conversa do 8 de
abril, apúntase que o presidente da Xunta non vai obligar a dimitir ao
ex rexedor Conde Roa pero o concelleiro Ángel Espadas cre que o mellor
que pode facer é dimitir. Tamén apunta que o PP vai tentar poñer a Paula Prado en lugar de Ángel Currás, que era a opción de Conde Roa, porque "es el contrario a todo el resto y no está bien visto en la Xunta".
Pouco despois, e tras ser Currás o elexido por orde de Conde Roa, é Luciano Prado -irmán da número tres do PPdeG, Paula Prado-
e avogado de Ángel Espadas, monta en cólera e, nunha das súas
conversas, descúbrese que na Audiencia Provincial da Coruña coñecen xa
unhas fotos moi comprometedoras de Feijóo que lle poden costar as
eleccións. Estase referindo as famosos fotos do presidente galego co narcotraficante Marcial Dorado.
A mediación de Feijóo
Pero, o sumario tamén recolle outra xestión comprometedora realizada
por Feijóo para agradar a un rabioso Conde Roa que vía como por culpa
duns trámites burocráticos da Xunta podíaselle escapar un suculento
contrato de 20 millóns de euros con Acuagest. Era o xerente da empresa na capital galega, José Luís Míguez,
quen estaba negociando directamente co ex alcalde compostelano e o seu
entón xefe de gabinete, Espadadas, a prórroga do contrato do servizo na
cidade --que finalizaba en 2019-- por outros 14 anos.
O alcalde ordeara o cese do secretario e do interventor, que se opuñan a
esta operación, e decidiu nomear a outros dous cargos máis afíns. Pero,
para que o seu cese se fixera efectivo precisaba da aprobación da
Xunta. Levaba agardando por un "papelito" da Xunta desde había cinco
días. A Consellería de Facenda pasaralle a pelota á de Presidencia e o
encargado final de asinalo era Norberto Uzal, ex director xeral de Administración Local da Xunta.
Por iso, e para evitar máis recesos e tensións, Conde Roa chamou
diretamente a Feijóo "a las once de la noche" para que solucionara este
problema. "El alcalde llamó al Presidente de la Xunta y este llamó a Boeda y Boeda llamó a Norberto Uzal,
que es el que tiene que hacer el papelito y como Aguagest se acepta y
se tira para adelante los tíos se han acojonado y a lo mejor no vienen",
recolle o sumario.
É o 8 de marzo de 2013. Ese día, noutra conversa, Jose Luis Míguez
asegura enfadadado; "tenemos el problema del interventor y del puto
secretario", indicando que Gerardo ya contaban de que estuvieran
destituidos esta semana que son los que nos están poniendo peros, son lo
que nos está parando todo lo tenemos todo encauzadito colocado, como
son secretarios de Estado hay que llegar un papelito de la Xunta y no da
llegado".
José Antonio Rueda "quiere dinero en vez de obras"
Ademais, o delegado de zona de Aquagest, Agustín Cambeiro Piñeiro dille ao secretario que o van botar por culpa desta empresa e o que queren meter de novo secretario, Juan Salgueiro,
advirte de que vai a haber problemas porque os que a Xunta vai nomear
como interventor e director xeral de Economía "se van a echar para
atrás" porque "Ángel les dijo que esto hay que firmar sin verlo --o
contrato con Aquagest--. Precisamente, o novo director xeral de
Intervención da Xunta é José Antonio Rueda, irmán do vicepresidente e número dous do PP, Alfonso Rueda.
Miguez quedó con Ángel en el despacho porque le pidió que llamara al
hermano de Alfonso Rueda (José Antonio), que es el que viene de director
general de intervención, porque el quería dinero en vez de obras, que
es el que estaba en contra porque el decía que era mejor que diéramos el
dinero y nada de obras el quería dinero, y el alcalde le dijo el dinero
es el que está ahí puesto dieciocho millones en obras y no se hable
más".
O concello de Santiago quería destinar eses cartos para atención al
rural e novas tecnoloxías. Por iso, noutra parte do sumario, vese
claramente que son os dirixentes de Aquagest os que pinchan e cortan no
concello de Santiago, ata o punto, de que na Xunta teñan que cambiar de
opinión. Así, Míguez chamou a Ángel e Espadas e díxolle; "llamas a Rueda le vas a dar cariño
y le dices que el otro día te expresastes mal que no querías ser tan
duro, que era simplemente que leyeran bien el informe, que informe está
muy bien redactadito".
O papel de Francisco Cacharro
E quen fixo ese informe "bien redactadito", pois o secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro,
fillo do ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro. Nunha
conversa gravada entre Espadas e Paula Prado o 7 de marzo fálase,
precisamente, deste informe. Espadas comentalle que comeu con Moncho
Quiroga (Ramón Quiroga, subdirector xeral de Gestión e
Cooperación Económica coas Entidades Locais da Xunta) e que falaron da
renovación do contrato de Aquagest a que o novo interventor e o novo
director de área poñen reparos porque din que non é legal.
Tampouco a concelleira de Facenda de Santiago, Cecilia Sierra, quere aprobalo senón é legal. "Gerardo ya le dejó muy claro que si no es legal tampoco a lo mejor es legal su nombramiento --o de Cecilia--", recolle o sumario desta conversa.
Tampouco a concelleira de Facenda de Santiago, Cecilia Sierra, quere aprobalo senón é legal. "Gerardo ya le dejó muy claro que si no es legal tampoco a lo mejor es legal su nombramiento --o de Cecilia--", recolle o sumario desta conversa.
Sen embargo, Ramón Quiroga quítalle ferro ao asunto e di que non se
preocupen porque ese tema "lo está llevando la persona de Galicia que
más sabe de esto que es el Secretario de la Diputación de Orense,
Cacharro, el hijo de Cacharro" e, se o leva el, "entonces no hay ningún
problema, que si Cacharro dice que está bien, está bien
seguro porque es el que más sabe de estas cosas". Con esta resposta
Espadas quedou "tranquilo" e foi falar con Cecilia Sierra que, entón,
recoñeceu que se Cacharro "dice que esta bien entonces no hay ningún
problema".
Nesa conversa entre Espadas e Paula Prado tamén se fala de "Moncho
Quiroga" e de Norberto Uzal. Precisamente, falan de que é Uzal quen ten
que mandar ese "papeliño --o do cese da interventora--" que non o tiña
que facer el, senon o director xeral de Política Financieira da Xunta, Manuel Galdo.
Como este non o fixo, Uzal se compromete a facelo el. "Creo que el
Galdo tiró balones fuera", di Espadas. Entón Prado dille se quere que o
chame porque ten "moi boa relación" con el. "Pero si ya lo llamó Gerardo
el Lunes, tía ... y le dijo: no te preocupes", contestalle Espadas...
Ao final, logo de cinco días, Conde Roa, cabreado, chama a Feijóo" (Galicia Confidencial, 18/02/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario