3/4/14

A metade da riqueza de Galiza concéntrase en mans do 0,26% da poboación

"A suma de todos os bens e servizos producidos en Galiza durante un ano non darían para igualar a fortuna persoal que posúen xuntos Amancio Ortega e a súa filla Sandra.

Toda a capacidade económica dun país nas súas diferentes ramas produtivas fica por baixo do patrimonio que teñen os seus 2 habitantes máis ricos. O PIB galego foi en 2012 de pouco máis de 55.000 millóns de euros. A fortuna que 'Forbes' lle atribúe a Amancio Ortega supera os 48.500 millóns.

 Por resumilo, e simplificando en chave de ironía: para o mundo do sarillo económico sería máis catastrófico que desaparecesen Amancio e Sandra Ortega que que desaparecese Galiza.  
 
Galiza é o cuarto territorio do Estado, tras Madrid, Valencia e Balears, cos 'ricos máis ricos'. En 2011 o goberno Zapatero recuperou o Imposto de Patrimonio. A recadación obtida e o número de contribuíntes obrigados a pagalo dannos unha boa fotografía deos ricos que hai en Galiza.

Son 7.090 persoas cunha base impoñíbel que supera os 700.000 euros ou con no mínimo 2 millós de euros en bens. Son apenas o 0,26% da poboación de Galiza mais atesouran 25.413 millóns de euros, equivalente á metade do PIB do noso país."         (Sermos Galiza, 06/02/2014)

No hay comentarios: