"Existe unha prioridade nos despachos da Xunta -e das construtoras-
que non semella coincidir coas demandas que se escoitan a pé de rúa.
Segundo anunciou Núñez Feijóo, o Plan de Xestión para o período
2014-2015 da Axencia Galega de Infraestruturas estará dotado de 460
millóns de euros, que nestes ámbitos sempre é susceptíbel de medrar. O
Gaiás, xa paralizado, custou pouco máis de 400, segundo a maioría dos
cálculos.
O destino desa inmensa cantidade de diñeiro público para estradas
será para “avanzar ou finalizar algunhas obras”, moitas delas máis ben
esquecidas na actualidade. Estradas e autovías que valen coma unha nova
Cidade da Cultura e que favorecen ás empresas da construción." (Sermos Galiza, 20/03/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario