"Preto de 500 profesores do progrma Celga de cursos en lingua galega
serán despedidos. Un despido que chega, curiosamente, logo de que os servizos de Inspección do Traballo sancionasen á Consellería de Educación.
Así o denuncia o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG),
que tamén respaldan a CUT e a CNT, e que califica esta medida como un
acto "vengativo" por parte da Xunta. Nun comunicado, esta entidade
critica que estes profesores foron despedidos logo de que a Consellería de Eudación recibira unha sanción de Inspección de Traballo
da Coruña e de Ourense por "non recoñecer a relación contractual entre
a Administración e as persoas que impartían os cursos de galego Celga e
non inscribilas na Seguridade Social".
"En resposta a esa lóxica e xusta resolución, a Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta decidiu prescindir da totalidade das persoas que viñan prestando os seus servizos como docentes dos cursos Celga", destaca o sindicato.
Por iso, expresa a súa "rotunda condena" á postura da Xunta, por considerar que "constitúe unha descarada negativa a acatar e cumprir a lexislación laboral
e a respectar os dereitos laborais que as resolucións de Inspección de
Traballo". "Trátase dun acto vengativo de despedimento masivo totalmente
arbitrario, que non ten máis xustificación que a falta de decencia e a
prepotencia política", engade.
A partir de agora, a Xunta decidiu "ofrecer eses cursos ao profesorado de lingua galega que exerce nos centros educativos de secundaria, coa consideración de 'horas extras' e unha remuneración económica de ao redor de 2.500 euros". (Galicia Confidencial, 24/03/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario