11/6/14

UNHA CUADRILLA ASALTOU SANTIAGO. Pero... como todos coñeciamos o perfil de quen encabezaba a lista, ninguén pode agora aducir que foi enganado: todos o sabiamos e ocorreu o que tiña que ocorrer.

"Hai días nos que, en tanto que santiagués e galego, sinto desgusto polo que leva ocorrido e polo que esta á ocorrer aínda na nosa cidade desde hai tres anos. Outros días río, aínda que sexa con amargura, en todo caso é un espectáculo grotesco inenarrábel polo que non o vou contar.

  Porén, haino que explicar dalgún modo: que é todo isto, quen é esa xente, de onde saiu? Trátase dun grupo de individuos que a que chegaron á alcaldía apartaron inmediatamente ao secretario e ao interventor e puxeron dous elementos traídos por eles no sitio, unha manobra que acaba de ser declarada ilegal pola xustiza por segunda vez.

 A finalidade de tal ilegalidade por forza foi ocultar a eses funcionarios municipais as súas actuacións futuras: semella evidente que unha cuadrilla asaltou o concello para o seu usufruto, desfrute e expolio.

Non entraron pola forza, sen dúbida, non foi como cando chegou Al Mansur facer unha razzia, senón dentro dunha lista, baixo as siglas dun partido político e, non hai que esquecer, cos votos dos veciños da cidade. 

Como en Santiago todos coñeciamos o perfil de quen encabezaba a lista ninguén pode agora aducir que foi enganado: todos o sabiamos e ocorreu o que tiña que ocorrer.

  Non hai máis remedio que pararse un momento a considerar esa actuación do electorado santiagués, penso que expresa un rasgo nihilista característico da cidade. (...)

O papel que xogaron dous xornais, un coruñés e outro santiagués, no desastre é digno de analisar en si mesmo.

Falta un ano aínda para que remate esta vergoña, permitan que rescate aquí o que escribín hai xa un par de anos con respecto a esta mágoa.
SANXENXO TAMÉN EXISTE, non é só un decorado "pijolandia", é un lugar, unha vila, unha xente...E andan a acabar con el."           (Suso de Toro, blog, El País, 10/06/2014)

No hay comentarios: