3/12/15

Case a metade da poboación que precisa ir ao dentista non o fai porque é "caro"

"O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou esta segunda feira (30 de novembro) a Enquisa estrutural a fogares relativa a 2014. Nas súas respostas as familias galegas recoñecen na súa maior parte, estaren a atravesar unha má situación económica. 

Neste senso, un de cada catro valóraa por baixo de 5, sendo a media apenas do 5,52, nunha forquita na que 0 significa "nada satisfeit@' e 10 'plenamente satisfeit@'. 

Esta situación agrávase a respeito da atención sanitaria en especialistas que non contan con cobertura pola sanidade pública como @ dentista. E é que as 438.017 persoas residentes na Galiza recoñeceron ter precisado acudir a un médico ou dentista no 2014 mais que non o fixeron. A principal razón, de acordo co resultado do estudo, foi que é "demasiado caro" (47,63%).(...)"             (Sermos Galiza)

No hay comentarios: