"O Tribunal Supremo anula o Plan xeral de Vigo sete anos
despois da súa entrada en vigor, unha sentenza que deixa en suspenso a
legalidade das licenzas concedidas durante todos estes anos e
paralizando a concesión de novas até que se legalice o novo documento.
O
Supremo considera que a Xunta incumpríu o trámite de avaliación
ambiental e declara “radicalmente nulo” o documento. Con esta decisión, o
TS tomba a resolución do Tribunal superior de Xustiza de Galiza que si
que avalara o procedemento perante o recurso presentado por 'Alternativa veciñal'.
O Supremo considera que a deficiencia no procedemento implica que os
acordos de aprobación do PXOM deben declararse “radicalmente nulos”.
Fican no ar proxectos como a ampliación de Balaídos ou o do Barrio do
Cura, entre outros.
Este PXOM de Vigo resistira case un centenar de sentenzas xudiciais,
que sempre lle foran favorábeis.Entre outras cuestións, o plan
establecía que a vivenda protexida pasaría de ser un 22% a ser un 43% do
total das novas edificacións, e recibira case 60.000 alegacións.
A Xunta déralle o visto e prace ao plan en 2008, con María Xosé
Caride á fronte da Consellería de Política Territorial. A socialista é
agora concelleira no grupo de goberno de Abel Caballero. A aprobación
definitiva producíase un ano despois, xa con Agustín Hernández á fonte
do departamento. " (Sermos galiza, 01/11/15)
No hay comentarios:
Publicar un comentario