4/4/16

Galicia perdeu un 60% de empresas tecnoloxicamente innovadoras nos anos de crise

"Galicia contaba no ano 2005 con 2.189 empresas tecnoloxicamente innovadoras. Dous anos despois, en 2007, acadou o seu cénit con 2.502. 

E chegou a crise económica e, con ela, unha desfeita no sector empresarial, no que a innovación tecnolóxica minguou progresivamente até chegar a mínimos en 2014, con tan só 997 empresas tecnoloxicamente innovadoras, segundo os últimos datos que se poden consultar no Instituto Galego de Estatística (IGE). 

É dicir, dende o comezo da crise, o país perdeu o 60,1 por cento da súa capacidade innovadora no sector tecnolóxico.

Esta perda de competitividade nos anos de crise foi practicamente a mesma que a media española, que se situou no 60,5 por cento, pasando de 46.877 empresas tecnoloxicamente innovadoras en 2007, a 18.511 no ano 2014.

Destes datos dedúcese unha clara e alarmante perda de competitividade tanto da economía galega como da española, pois a innovación tecnolóxica é unha variable determinante para a a capacidade competitiva dun país. (...)"                (Galicia Confidencial, 01/04/16)

No hay comentarios: