7/6/16

Investigados 4 ex-altos cargos da Xunta por delitos contra o medio ambiente na Ría de Ferrol... porque "cociñaron", logo de iniciadas as obras da dragaxe, unha autorización ambiental

"Ricardo García-Borregón Millán, ex-director xeral da Natureza con Agustín Hernández, declarará como "investigado" o 6 de xuño a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, canda outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, pola dragaxe da ría de Ferrol denunciado en 2011 por Adega.

 Así o informa o propio colectivo ambientalista, que sinala que esa obra tiña como finalidade aumentar o calado da entrada da Ría ferrolá para permitir o paso a grandes buques, como os gaseiros de Reganosa.

 Adega di que no Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela están a se realizar as dilixencias previas relativas a un presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, relacionado coa "dragaxe irregular dos fondos da Ría de Ferrol" dentro da ZEC Costa Ártabra (Rede Natura 2000), executado entre outubro e novembro do 2011.

No hay comentarios: