Nelson Santos, ex-alcaldo do PP no Porriño
| Fonte:
libertadpopular.blogspot.com
"A Fiscalía solicita unha pena de 10 anos de inhabilitación para o exalcalde do Porriño, Nelson Santos (PP) e para un exedil popular, José Manuel Jacobo,
quen foi responsable de contratación neste municipio, como presuntos
autores dun delito de prevaricación continuada, ao adxudicar
irregularmente varios contratos a empresas cuxos responsables tiñan
algunha relación familiar ou de afinidade con estes cargos públicos.
Segundo o escrito de acusación, ao que tivo acceso Europa Press, a
Fiscalía responsabiliza aos dous políticos de adxudicar contratos de
forma directa, sen licitación e sen seguir os procedementos
administrativos pertinentes, a varias empresas para a realización de
servizos como limpeza, recollida de residuos, actividades deportivas e
de lecer, servizos eléctricos ou labores de saneamento.
Nese escrito, figuran centenares de facturas abonadas a estas empresas, por un valor que, en total, supera os 1,6 millóns de euros,
e que foron tramitadas a pesar de que, en practicamente todos os casos,
existían reparos da Intervención Municipal. Neses procedementos, o
alcalde levantaba automaticamente o reparo para que se abonasen as
facturas.
Nalgunhas ocasións, as facturas non podía ser satisfeitas no ano
correspondente, co que o goberno municipal aprobaba modificacións de
crédito no exercicio seguinte, alegando que non podían deixar de pagar
eses gastos "urxentes" para evitar un enriquecemento ilícito da
administración, e obviando, segundo expón o Fiscal, que a Intervención
Municipal "levaba anos" advertindo "cada mes" das irregularidades.
O Ministerio Público deixa constancia de que os beneficiarios desas adxudicacións foron Ana María G.F., exesposa dun amigo de José Manuel Jacobo; a empresa Limantra, xestionada por un compañeiro de Nelson Santos, no partido Cidadáns por Porriño; a empresa Lincoporriño; e a empresa Abelmar.
CAUSAS PENDENTES
Esta causa deriva da chamada Operación Multiusos (é
unha peza separada), que foi declarada complexa e segue en fase de
instrución, e na que están a ser investigados, ademais do exalcalde, o
propio José Manuel Jacobo, o concelleiro Manuel Alejandro Lorenzo, un
exfuncionario do INEM, e tres empresarios vinculados ás firmas IMPI e Mecánica Rocha.
Os delitos que se investigan neste procedemento, que se iniciou para
esclarecer supostas contratacións de persoal 'a dedo' e outras
irregularidades, son malversación de caudais públicos, suborno, tráfico
de influencias e delito contra os dereitos dos traballadores, entre
outros.
Así mesmo, o exalcalde Nelson Santos está pendente doutra causa xudicial, relativa á suposta retirada de multas de tráfico a cidadáns, utilizando para iso datos dun camioneiro de nacionalidade portuguesa sen que este o soubese. Esta causa, na que tamén se investiga ao exjefe da Policía Local, tamén foi declarada complexa e segue en fase de instrución. (...)" (Galicia Confidencial, 29/11/16)
No hay comentarios:
Publicar un comentario