Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro
| Fonte:
remitida
"Varios colectivos e sindicatos independentes
súmanse a unha marcha reivindicativa en defensa dos traballadores
públicos precarios. A manifestación, presentada este mediodía en
Santiago, terá lugar este xoves a partir das 10 da mañá, fronte ao
Parlamento.
Polo de agora, ningún dos tres grandes sindicatos do país sumouse. Ao
contrario, a mobilización está protagonizada por pequenas centrais e
asociacións independentes, moitas de índole profesional. Denuncian que
máis da metade do cadro persoal da administración no país é temporal.
Entre os que apoian están o sindicato de ensino STEG, a Central
Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato de Sanitarios Galegos
Públicos (SAGAP), Agrupación de Profesionales de la Salud de Galicia
(PROSAGAL) e a Marea Laranxa contra os recortes. A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública – A Coruña
(na que participan sindicatos como a CGT e a CUT, membros do 15M,
asociacións veciñais e colectivos como o Movemento Galego pola Saúde
Mental e o Foro Galego da Inmagración) é un dos grupos que está a levar o
peso da convocatoria.
Os convocantes alertan da gran precariedade que sofren moitos
empregados públicos, moi lonxe dos dereitos dos que gozan os
funcionarios. Traballan en moitos caso baixo “contratos de 3 meses ao
ano, contratos temporais encadeados durante máis de 20 anos, contratos lixo de días e ata horas e xestións do persoal arbitrarias”.
O certo é que, por exemplo, é frecuente entre as enfermeiras sen praza
que os SERGAS os chame reiterádamente para facer unhas poucas horas ,
moitas veces moi lonxe dos seus fogares. As chamadas soen realizarse con
moi pouco tempo para responder, ás veces cun día de marxe, e de non
aceptar poden perder o seu lugar nas listas de contratación.
“A precariedade laboral tradúcese en precariedade asistencial”,
esgrimen dende o manifesto da Marcha para reclamara a solidariedade do
conxundo da cidadanía. Ademais, na súa opinión, a aposta de moitas
administracións pola privatización de servizos agocha unha estratexia caciquil. “ A Administración está chea de contratos e subcontratos cos amigos, irmás e os primos de...”.
De cara ao futuro, demandan unhas Ofertas de Emprego Público (OPE) que
garantan que poden concorrer as súas prazas “sen que a Administración as
aparque ao seu antollo”. (Galicia Confidencial, 14/03/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario