"O coordinador dos servizos de emerxencias da Estrada é tamén membro do Comité Local do PP.
Ademais, Carlos Faílde é un destacado empresario que obtén unha parte
importante dos seu negocio precisamente do sector no que é responsable
público. As empresas que dirixe el e a súa familia reciben frecuentes
adxudicacións de contratos procedentes de Protección Civil, da Axencia
Galega de Emerxencias (Axega) e diferentes corpos policiais e
administracións.
A principal empresa de Carlos Faílde, Ricarsat, da que é Administrador Único,
ten como obxecto social as instalacións eléctricas e equipos de
telecomunicacións. Nos últimos anos incrementou os seus ingresos
comerciais con numerosas adaptacións vehículos de Protección Civil e das
policías locais, así como o subministro de equipamentos para resposta
ante as emerxencias, sector no que el é traballador e cargo público.
O sector das emerxencias como base do negocio
Nos últimos meses as adxudicacións relacionadas coas emerxencias
recibidas por Ricarsat destacan na súa comunicación pública, como
calquera que visite a súa páxina na rede social Facebook pode comprobar.
Só en 2016 adaptou 8 ‘pick-ups’ da Nissan, ducias de motocicletas Yamaha para policías locais de diferentes concellos, un corpo de seguridade para o que tamén forneceu 26 motocicletas
tipo trail por valor de 32.893,66 euros (nun concurso público negociado
sen publicidade) e mesmo bicicletas de montaña con equipamento policial
para o Barco de Valdeorras, as primeiras deste tipo en Galicia.
A
Policía Autonómica tamén recibiu en 2016 12 vehículos Dacia Duster adaptados por Ricarsat, mentres que a Policía Portuaria de Marín obtivo dous patrulleiros da mesma marca transformados pola mesma empresa, que para este traballo foi subcontratada por Monbús. En 2015 adaptou 51 furgonetas Renault Traffic para Protección Civil.
Carlos Faílde ten á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) como un dos
seus clientes importantes. En 2013 subministrou un sistema de
videoconferencia para os centros 112 de Galicia, Castela e León e norte
de Portugal; e un sistema de telecomunicacións para o vehículo de posto
de mando avanzado da Axega polo que ingresou 41.322 euros.
Do mesmo
organismo obtivo adxudicacións en decembro de 2015 pola venda de esparexedores de sal por 49.565 euros nun concurso ao que só Ricarsat se presentou. En setembro de 2016 ingresou 37.165 euros pola venda de coitelas quitaneve para os servizos de emerxencias. As tres adxudicacións foron cofinanciadas pola Unión Europea. E equipou tamén catro vehículos Renault Kadjar para a axencia en 2016.
Foi subcontratada por El Corte Inglés,
segundo Facebook de Ricarsat, para instalar os equipos de comunicacións
da rede Tetra de Emerxencias de Galicia para a Consellaría de Medio
Rural, un tipo de contratación do que se ten valido en diferentes
ocasións para efectuar traballos ligados coa Administración.
Ricarsat ten entre os seus contratos en vigor a responsabilidade do
mantemento e reparacións nas instalacións da Academía Galega de
Seguridade Pública (Agasp) e da nave do Grupo de Apoio Loxístico da
Axega, ambas no recinto estradense en que está ubicada a nova central do
112.
Realiza reparacións coa súa empresa na propia sede de Emerxencias da
Estrada, da que Faílde é o responsable público como coordenadror do
Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e do Servizo Municipal de
Protección Civil (SMPC).
Faílde participou en numerosas visitas institucionais as instalaciońs
citadas, na súa calidade de cargo público. Non hai constancia de
ningunha denuncia ou queixa política sobre as citadas adxudicacións.
Adxudicaciósn da Vicepresidencia coa empresa da muller
Recibiu tamén adxudicacións públicas pola reparación de coches patrulla
da Policía Autonómica e do parque móbil da Consellaría de Presidencia.
En relación aos traballos de mantemento dos vehículos oficiais de
Alfonso Rueda, facturou as últimas adxudicacións a través da empresa Emersafe SL, unha sociedade administrada pola súa muller, O.O.G., na que consta como apoderado o propio traballador público.
Resposta do empresario e traballador público
GC expuso estes datos ao administrador de Ricarsat. Faílde recoñece os
seus traballos coa administración pero nega calquera irregularidade:
“Ricarsat entre sus clientes esta la Xunta de Galicia al igual que el
resto de administraciones públicas e empresas privadas como en cualquier
otra empresa, no es nuestro principal cliente aunque si al igual que
todos nuestros clientes es un cliente importante, no solo relacionado
con las emergencias sino con el resto de actividades de nuestra
empresa”.
“Los concursos públicos a los que nos presentamos puede acceder
cualquier empresa del mercado por la libre competencia. Los concursos
son públicos por lo que cualquiera los puede ver y son baremados
objetivamente por lo que es simplemente sumar puntación para las
adjudicaciones y si somos la única empresa que nos presentamos a un
concurso en concreto no es porque solo nuestro producto cumpliera con el
PPT si no serían impugnado por la ley de contratos por lo que paso
todos los trámites jurídicos y es válido para ser publicado, a partir de
ahí las empresas deciden si presentar o no”, engade.
Sobre os contratos para modificar vehículos argumenta que “en Galicia
el número de empresas que se dedica a este sector es muy limitado” e que
son encargas chegadas dende compañías privadas “donde las
administraciones públicas se mantienen al margen de todo ello, debido a
que las adjudicaciones se realizan a una empresa y ella es quien decide a
quien subcontratar”.
Faílde tamén enarbora a galeguidade e traxectoria da súa actividade
empresarial: “Somos una empresa gallega de capital social 100% gallego
fundada en 1990 que da trabajo a un total de 18 familias y desde su
creación ha trabajo con las diferentes administraciones públicas a lo
largo de toda su trayectoria y sobre todo con un gran número de empresas
del sector privado que son sus principales clientes”.
Ascendendo até tomar o control de Protección Civil
Faílde Pereiras é membro do voluntariado de Protección Civil da Estrada
desde o ano 1994. Quince anos despois accede a ser contratado polo
municipal SMPC, posto laboral que mantén a día de hoxe.
Coa chegada de José López Campos (PP) á alcaldía da Estrada en 2011,
Carlos Faílde consegue o seu posto actual de confianza como responsable
de Protección Civil e coordenador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal
(GES), que dá cobertura aos concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Campo
Lameiro, Forcarei, Cerdedo, Vedra e Teo. O GES é financiado a partir de
fondos públicos municipais, provinciais e da Xunta.
Sobre a amizade con Alfonso Rueda
Como membro da Executiva do Partido Popular da Estrada, Faílde mantén unha intensa relación co Goberno municipal.
Segundo fontes da vida política desta vila un habitual destacado nos
actos políticos da vila acompañando o alcalde. Rivais políticos aseguran
que, por exemplo, foi el quen conduciu o coche que levou ao alcalde de
visita polos colexios electorais nos últimos comicios.
É frecuente velo nos actos dos dirixentes autonómicos na capital de Tabeirós e Terra de Montes. Por exemplo nesta visita de Rueda de 2013, nesta de 2015 e nesta outra visita do Vicepresidente en 2016 e esta de 2017. Incluso na propia web da Xunta hai probas fotográficas da presencia de Faílde nos actos de Rueda na Estrada.
Segundo fontes da vila, gábase da súa boa amizade co vicepresidente da
Xunta Alfonso Rueda. Rueda dirixe a Consellaría da que dependen a
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e a Axega, departamentos dos
que Faílde obtivo varias importantes contratas.
Cuestionado sobre a súa relación co número dous da Xunta, Faílde di que
“en cuanto a las reacciones personales y de amistad que yo pueda tener
con las diferentes personas pertenecen a la vida privada de cada uno”.
GC preguntou á Vicepresidencia por esta relación. Tras insistir GC, a
Administración admitiu que o Presidente "o coñece pola súa actividade no
concello de A Estrada, por coincidir en numerosos actos" pero que, ao
contrario do que comentaron a este xornal fontes da Estrada, "nunca
foron xuntos en moto".
Vicepresidencia ve todo normal
Sobre que un cargo público de emerxencias, que asemade é dirixente do
PP, leve contratas da administración de emerxencias autonómica,
Vicepresidencia presume de limpeza. “Todas as contratacións fixéronse
cumprindo estritamente á normativa.
De feito, calquera tipo de
procedemento, xa sexa externo ou interno, supera unha auditoría”,
sinalan dende San Caetano. A Vicepresidencia tamén indica que “a empresa
Ricarsat realiza servizos habituais coas administracións, en concreto
coa Xunta así o vén facendo polo menos nos últimos doce anos”.
No referido en concreto á adxudicación sen publicidade, a Xunta di que
"a Consellería vai máis alá da normativa vixente -pedir tres ofertas a
diferentes empresas- e publica a súa licitación tamén na Plataforma, de
forma que calquera empresa poida participar no procedemento, como se
pode comprobar nesta ligazón".
Faílde preside o Recreo Cultural, unha sociedade histórica da Estrada
que é frecuentada por boa parte das elites municipais para actividades
lúdicas e deportivas. " (Galicia Confidencial, 27/06/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario