"Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez
son investigadores do Grupo ECOEVO da Universidade de Vigo. Acaban de
publicar un artigo que detalla cientificamente o que xa era un segredo a
voces, que as plantacións de eucaliptos diminúen a diversidade e a
vida, en concreto dos ríos que as atravesan.
Os técnicos escriben que a vida nos regatos depende da materia orgánica
que vén dos ecosistemas terrestres, materia que constitúe o “alimento”
das comunidades fluviais- O problema é que as follas de Eucalyptus
globulus son de baixa “palatabilidade” para os microorganismos do
ecositema do país. A consecuencia é que “se non existen outras achegas
de materia orgánica de calidade, os ríos que transcorren por zonas con
plantacións de eucaliptos presentarán menor produtividade”.
Para o artigo,
os investigadores avaliaron 16 regatos na conca do Lérez en 2011. A
diversidade de macroinvertebrados - base da cadea trófica que alimenta
aos peixes- diminuíu a medida que aumentou o solo ocupado por
eucaliptais. Polo contrario, canto máis especies do país, e máis tamaño
da bacia, máis diversidade.
MEDIDAS PALIATIVAS
Os científicos propoñen, entre outras medidas, plantar máis especies
autóctonas nas ribeiras e facer realidade a prohibición -xa incluída na
Lei de Montes- de erradicar os eucaliptos das beiras dos regos e
regatos.
Un resumen do artigo foi publicado en CERNA, a publicacións dos
ecoloxistas de ADEGA. Os proteccionistas alertan que gran parte das
medidas para paliar este problema “non se están a respectar”.
Parte do traballo realizado para este estudo foi financiado por un proxecto do Ministerio debEconomía e Competitividade." (Galicia Confidencial, 12/06/17)
No hay comentarios:
Publicar un comentario