19/10/17

Vigo arde. Milleiros de persoas reviven o NUNCA MÁIS aos lumes...

"Coches circulando por las calles en las que se reúnen decenas de vecinos asustados. Manos a la cabeza, llamadas de teléfono urgentes y expresiones que mezclan el asombro con el miedo. De fondo, tras vallas publicitarias y carteles de tráfico, el resplandor de las llamas y el humo expandiéndose: el fuego llegó en la noche del domingo hasta el centro de Vigo.

Las escenas habituales de los incendios forestales se reproducen en las calles de una gran ciudad, con los vecinos organizándose para paliar en la medida de lo posible los destructivos efectos de las llamas. La Universidad de Vigo decidió ayer cancelar la actividad del lunes ante la gravedad de la crisis. (...)"                    (El País, 16/10/17)

"(...) E o certo é que foron milleiros de persoas as que este luns saíron nos municipios galegos e cidades como Madrid e Barcelona contra a xestión da Xunta durante a vaga de incendiose para clamar: 'Lume, nunca máis'. Milleiros de voces que pediron que Galicia manteña o seu "verdor cinguido" e os seus "verdes castros" pero con novas políticas forestais.

As sete cidades galegas, así como diversos municipios como Nigrán, Monforte, Carballo e Verín contaron con actos de repulsa contra os incendios que arrasan Galicia, con berros nos que se esixiu a "dimisión" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

En Vigo (fotogalería da manifestación), máis de 5.000 persoas –algunhas fontes falan de ata 10.000-- concentráronse en defensa dos montes galegos --fronte ao Museo Marco en Cálea Príncipe-- e para mostrar o seu rexeitamento á política forestal da Xunta e "os recortes" do Goberno de Núñez Feijóo en materia de prevención de incendios. Entre outros, asistiron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández e o secretario xeral de CC.OO., Ramón Sarmiento.

Os participantes, ademais das peticións de dimisión de Feijóo e da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, cargaron contra a "eucaliptización" de Galicia. Tamén se escoitaron emas de apoio ao pobo de Portugal afectado nestes días por unha vaga de incendios do mesmo xeito que Galicia.

Santiago

En Santiago, centos de persoas concentráronse na Praza do Toural a partir das 20,00 horas --convocados por 'Lume, nunca máis'--- contra a xestión realizada e a falta da política de prevención da Xunta, nunha marcha que encheu logo a Praza da Quintana. Participantes falan de 10.000 persoas. 

A marcha estivo apoiada por diversos representantes políticos como o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero; o portavoz parlamentario de En Marea; Luís Villares; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e o portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, entre outros.

Os manifestantes saíron en marcha polas rúas de Compostela tras unha pancarta na que se lía 'Lume, nunca máis'. Durante a protesta escoitáronse consignas como "A prevención é a solución", "Con este goberno estamos no inferno" e "Detrás do incendiarios hai un empresario".

Ourense

En Ourense, máis de 4.000 persoa berraron contra a "incompentencia" e "Feijóo, dimisión" nun percorrido entre a Subdelegación da Xunta e o edificio da Consellería de Medio Rural. Asubíos e carteis nos que se podía ler "Abandonados entre as chamas, non máis lumes" protagonizaron a xornada. O actor Fernando Dacosta leu o manifesto final.

En Nigrán

En Nigrán, varios centos de persoas acudiron ao paseo da Ramallosa para participar na concentración que culminou coa lectura dun manifesto por parte dun portavoz da Organización Galega de Comunidades de Montes. A lectura finalizou cun aplauso e ao berro de 'Lume, nunca máis, Feijóo dimisión'. Entre os asistentes estaban a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o deputado do BNG Luís Bará; o alcalde de Nigrán, Juan González, e concelleiros e veciños de Val Miñor.

O alcalde de Nigrán, Juan González, trasladou a Europa Press que a xente pasou "moito medo" e "está moi indignada" coa situación dada estes días na provincia de Pontevedra. Dixo que en Nigrán "non se recibiu "ningunha axuda externa" a pesar de que pediron medios humanos e aéreos. Acto seguido, puxo en valor a actuación dos medios propios e aos veciños que "loitaron contra o lume coma se fosen brigadistas".

A presidenta da Deputación, Carmela, Silva, coincidiu en que "é necesario reflexionar conxuntamente", pois aínda que admitiu que este fin de semana deuse "a treboada perfecta", hai que coidar dos montes. Así, avogou por implantar "un modelo de planificación e previsión". Tras iso, trasladou o seu "agarimo" aos achegados dos veciños de Nigrán falecidos.  (...)

Contra o abandono do rural

No manifesto elaborado para as concentracións deste luns, as organizacións convocantes trasladaron que lamentan profundamente "as situacións caóticas que causaron a morte de persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados", e achacaron o ocorrido a "as políticas de abandono do rural do PP".

Así mesmo, culparon a "a ausencia de políticas de promoción da multifuncionalidad e dos valores ambientais e patrimoniais do monte", así como "á política forestal exclusivamente productivista". Ademais, rexeitaron a versión da Xunta, "responsabilizando desta catástrofe ás autoridades de Portugal", e remarcaron que "o máis grave é pretender eludir responsabilidades atribuíndo os lumes ao terrorismo incendiario". "Terrorista é quen permite unha ordenación do territorio e unha política forestal que favorece que o noso país arde", sosteñen.

Finalmente, criticaron a falta de previsión, organización e medios, á vez que subliñaron que "é indignante" a "ausencia" informativa dos medios de comunicación públicos galegos, "sen dar sequera información das alertas".                    (Galicia Confidencial, 16/10/17)

No hay comentarios: