"Falamos con Pedro Alonso, ‘Perico’, biólogo que leva anos de compromiso e
militancia no ambientalismo, un dos impulsores das asembleas contra a
eucaliptización que nos meses pasados decorreron en diferentes partes do
país. “A economía do eucalipto susténtase no abandono do rural”,
mantén. E ese é un factor chave, non o único, para entender por que arde
Galiza.
.-Outra vez unha vaga de
incendios devastadores arrasa con miles de hectáreas do país. Unha
situación que se produce cada poucos anos e parece que non damos
aprendido. Somos parvos?
-Desde o punto de vista político, pode que si sexamos
parvos (ri). Temos uns representantes que unha tras outra caen nas
mesmas e fano con pleno coñecemento de causa. No 2011 fixeron o mesmo.
Había unha seca que prolongaba o período de risco e tamén repregaron o
operativo de extinción, reducindo o número de brigadas rápidas para
operar contra o lume.
Repregaron e ademais anunciaron que ían repregar, o que fixo un efecto chamada para aqueles que andan a prender lume ao monte por diversas motivacións. Consecuencia? Que arderon nas montañas de Ourense e Lugo case 20.000 hectáreas.
E este ano pasou o mesmo. Seca e repregamento de efectivos. Arderon zonas de montaña mais tamén zonas periféricas a grandes núcleos de poboación. Houbo grandes lumes porque o combustíbel que hai no monte é moito e estaba moi seco.
Ou sexa, que todo isto amosa que perante unhas determinadas consecuencias dunha xestión incapaz, incluso desprezativa ante a problemática que iso xera, seguimos a manter os gobernos que xestionan deste xeito as cousas.
-A Xunta fala de “terrorismo incendiario”, un relato que xa atopamos nos grandes medios...
-O que fai a Xunta do PP é unha bola de neve. Por unha banda pretende dirixir a política forestal cara a un obxectivo moi concreto e determinado, que é a produción de eucalipto para celulosa, xerando abandono do rural. E por outra banda, cada vez acouta moito máis o uso do lume para chegar a perseguir o delito incendiario até extremos de terrorismo.
É dicir, unha incoherencia: o goberno xera políticas de rural que fomentan o despoboamento, porque iso é o que trae a expansión do eucalipto, que despraza outros aproveitamentos. A economía do eucalipto susténtase no abandono do rural. E, ao tempo, meten a sospeita de terroristas a xente que fica no rural e que recorre ao lume como ferramenta cultural.
-O eucalipto está no albo como un dos factores dos incendios. Mais reducir toda a casuística do lume ao eucalipto non é reducionismo dun problema máis complexo, onde converxen máis factores?
-Hai factores como a extrema e prolongada seca. Ou o nivel de abandono das posibilidades do rural, que se expresa na preponderancia do eucalipto como alternativa económica. Isto dá lugar a que a periferia dos núcleos de poboación estean dominadas por unha paisaxe do caos, no que medra a matogueira, que coexiste con parcelas recentemente transformadas en eucaliptais, moi perto de núcleos de poboación, vías de comunicación...
Iso é unha bomba de reloxaría. Situacións como estas, de cambio da situación climática tradicional, conduce a períodos de máximo risco de incendios e máis prolongados. Aparecen grandes lumes que, ademais, están en ‘interface’, en zonas urbanas, rurais, rururbanas...
Por iso a ordenación de usos é fundamental para poder determinar que prevención vamos levar adiante. Fálase moito da prevención mais a prevención depende da ordenación, dunha priorización de usos.
Se non ordenamos os usos polo menos en torno aos núcleos de poboación e vías de comunicación, mal vamos. Ao final, temos un caos, máis abandono do rural e máis expansión dos aproveitamentos económicos que politicamente se deixan como únicos no medio rural porque non se permiten outras alternativas.
-Non queremos que se repita outra vez o acontecido nestes días. Que habería que facer? Que primeiros pasos habería que dar?
-As forzas políticas terían que que poñerse de acordo. Eu creo que a sociedade ten claro que non se pode seguir así, non se pode seguir a gastar por volta de 170 millóns anuais ao ano para soster unha política forestal cuxo principal beneficiario é Ence, porque os pequenos propietarios pouco sacan. Mais hai unha parte dos partidos políticos que apostan en 60 anos máis de caos, de monocultivo forestal, así que vexo difícil ese acordo.
Mais, de habelo, o primeiro paso, básico, sería o de que arredor dos núcleos de poboación de vías de comunicación, dos espazos naturais protexidos, nas paisaxes protexidas... hai que facer outra política de monte. Cal? Eliminar as masas de árbores pirófitas [que arden con facilidade, como o eucalipto], promocionar usos alternativas do monte: gandeiría, frondosas, producións agrarias e hortícolas..." (Entrevista a Pedro Alonso, Sermos Galiza, 24/10/17)

No hay comentarios:
Publicar un comentario