"Homenaxear a toda a poboación galega que chegou aquí, a comezos dos
anos 90 era máis de 100.000 persoas de procedencia galega que vivía en
Euskadi, e que a día de hoxe son 53.000. Estes datos non suman fillos
nin fillas.
A finalidade de Sitio Distinto é contar unha historia,
homenaxear á xente que fixo posible historia e dignificar a emigración
galega. Cando eu cheguei aquí hai oito anos, vin estudar a Donosti
atopei unha realidade que era unha emigración galega moi forte.
Tamén
atopei unha realidade galega moi topificada. O da gaita, o da empanada
e o marisco. Pero dentro da emigración atopei unha realidade moito máis
forte. Había vínculos culturais vinculos lingüísticos. Era unha
comunidade que mantiña viva a súa cultura aquí.
A emigración galega en Euskadi vive de costas ao que pasa en Galicia?
Eu diría que todo o contrario. Faría paralelismos coa emigración italiana e irlandesa en Estados Unidos. Eles están recoñecidos como nacións pero nós non, pero a realidade dos galegos e galegas en euskadi nalgúns casos, están máis conectados o que pasa en Galicia que o que pasa en Euskadi.
Eu diría que todo o contrario. Faría paralelismos coa emigración italiana e irlandesa en Estados Unidos. Eles están recoñecidos como nacións pero nós non, pero a realidade dos galegos e galegas en euskadi nalgúns casos, están máis conectados o que pasa en Galicia que o que pasa en Euskadi.
Existe una presenza galega dentro do desenvolvemento social e político en Euskadi?
Creo que existe presenza galega en todos os niveis da vida social e
política en Euskadi, mesmo a nivel industrial. Os emigrantes que
crearon grandes empresas aquí, e hoxe en día cunha presenza moi alta.
No teu documental describes a emigración galega en tres fases.
Cando foron esas fases e cales foron os lugares the principal acollida
de galegos e galegas?
Comezou a finais do século XIX, xente para traballar nas minas de
ferro da marxe esquerda da ría de Bilbao. Daquela precisábase man de
obra para as minas.
A segunda vaga Chegou coa industrialización e a
fundición de ferro. Seguían chegando a área de Bilbao e logo foron
ampliando cara ás vilas da costa. Logo dentro da ditadura franquista
houbo un boom industrial, que chamou por máis man de obra.
O factor de
chamada galego cara a Euskadi viña por zonas. No barrio de
Trintxerpe falamos de xente de Porto do Son, Bueu, que eran persoas
que segundo chegaban chamaban por outras para ir traballar. Dependendo
da zona de Euskadi varía a presencia galega. Pero non están
misturados, en cada lugar é unha procedencia distinta.
Que casos particulares che chamaron máis a atención?
Pois coñecer a historia dun batallón de galegos antifranquista
vinculados á CNT no barrio de Trintxerpe, ou que a xente para chegar
aquí tardaba un día en bus. Por iso me fascinou a historia de una señora
que me contou que a súa bisavoa chegará a Euskadi andando. Dixéronlle
que en Bilbao había traballo, ela non sabía onde estaba esa cidade,
así que botou a andar.
E o nome de Sitio Distinto documental porque o elixiches?
Unha, por que a xente que chegaba Euskadi chegaba a un sitio distinto, outra que para a xente de aquí os galegos crearon barrios que eran sitios distintos. En cidade e vilas entras en barrios cunha realidade sociolóxica distinta.
Hai un barrio en Bilbao con moitas tendas
galegas, os xoves chegan os produtos galegos e fórmanse verdadeiras
ringleiras diante desas tendas. As seguintes xeracións integráronse na
sociedade vasca. E o terceiro punto é Antón Reixa. Para romper todos
os tópicos, pon moita forza entre os vínculos creados entre os dous
pobos.
Cal foi a reacción que viches entre o público galego?
A presentación oficial foi no Cineuropa en Compostela. Estivemos en
Lugo, Ferrol, Rianxo e a ultima presentacion foi no teatro Colón da
Coruña diante de seiscentas persoas. A sensación que nos transmitiron
foi que lles gustou ver a realidade da emigración galega noutros
lugares.
O proxecto foi posible gracias á colaboración da televisión
pública vasca. Da Televisión de Galicia recibimos un silencio moi
grande. Pero si tivemos o apoio da Deputación de A Coruña, do Concello
de Pontevedra ou do Concello de Rianxo. colaboración de certos entes
públicos. Pero no da Televisión de Galicia." (Galicia Confidencial, 08/06/18)
2 comentarios:
Con lo bonitas,elegantes,dulces y simpáticas que son [normalmente] las chicas vascas y gallegas,difícil encontrar una noticia más deprimente.
Yo creo que nos hemos creado un Calabi-Yau [un nudo que se envuelve sobre sí mismo].Sí,Galicia,Euskadi y toda España necesita subir la natalidad...en un ambiente ANTINATALISTA,donde las chicas crecen pensando que una maternidad temprana y abundante será su ruina existencial y que el aborto progre es considerado como "una impresionante conquista social".Conviene añadir que los hombres modernos españoles tampoco están para grandes gestas ni sacrificios.Estoy seguro que,aunque por televisión,alguna vez han visto una corrida de toros.No parece importar demasiado haberse "cepillado" seis, o más,toros ya que cualquier ganadería taurina los "fabrica" como churros.Y ahí está el gran problema:NINGÚN PAÍS/GOBIERNO/ESTADO PUEDE COMPORTARSE COMO UNA GANADERÍA.La hedonista juventud española y europea pasa del tema,CON DINERO O SIN ÉL.Y ahora qué??.Alberigo CARACCIOLA.Los Boliches.[MÁLAGA]
Publicar un comentario