17/6/19

La dinastía Baltar, imbatible después de 32 años... Jácome chega á alcaldía de Ourense da man de Baltar tras prometer botalo por "psicópata"




" Quen queira trazar un perfil crítico ou mesmo unha caricatura de José Manuel Baltar, herdeiro da saga que controla a Deputación de Ourense baixo as siglas do PP dende hai tres décadas, podería fornecerse de materia prima nunha única fonte.

 A canle de YouTube de Auria TV, televisión local propiedade do líder do partido Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, é todo un compendio de críticas, insultos e retratos delirantes contra o poderoso líder dos populares ourensáns. O mesmo que este sábado lle prestou os votos do PP para convertelo en alcalde da cidade a cambio de que o blinde como presidente da Deputación. Mesmo sacrificando para isto ao ata agora rexedor, o popular Jesús Vázquez, que tamén o votou.

 Pérez Jácome logra a alcaldía oito anos despois de acceder por primeira vez como edil ao Concello de Ourense no ano 2011 xunto a outro membro do seu mesmo partido. A súa chegada á corporación baixo as siglas da formación que montara cuns amigos unha década antes sería incomprensible sen a súa televisión local e sen a súa principal bandeira, zorregar sen piedade nos Baltar. Sobre todo en Baltar fillo, un "psicópata con gravata" que "vén aquí, como un neno pequeno", a "xogar co xoguete que lle deixou o seu pai", a Deputación, espetou no pleno da institución no primeiro mandato no que conseguiu escano.

 A fórmula parecía funcionar e antes das eleccións de 2015 Pérez Jácome  xa se presentaba a si mesmo como "alcalde in pectore". Case o logra. Disparouse nas urnas de 2 a 8 concelleiros, pero na corporación -de 27 membros- non atopou a ninguén que quixese pactar con el, que dicía estar disposto a chegar a un acordo ata "co demo" se iso supuña "o ceo" para Ourense.

 Todos o coñecían e todos viran tamén os seus vídeos -en Internet ou na súa canle de televisión, que os emite en bucle- cheos de diatribas contra "os políticos" en xeral e contra os Baltar en particular, pero tamén de escenas pouco edificantes como a inefable celebración en directo dun magosto do partido na que atribuíu aos efectos do viño comezar a falar en galego. Un verdadeiro fenómeno viral en Ourense e fóra del.

"Un fantoche cacique"

Os cualificativos de Jácome contra Baltar e o seu férreo control do poder na provincia foron durante estes anos tanto dixitais e en diferido como analóxicos e en directo. Como portavoz de DO no Concello e na Deputación Pérez Jácome trazou innumerables retratos do líder popular ao que agora blinda no poder, un "fantoche cacique" máis ben "patético" e con vocación de "showman" que non se inmuta" ante os problemas da provincia. Porque "esa -razoou nun pleno- é unha das características dos psicópatas".

Jácome chegou a considerar a Baltar un verdadeiro "cadáver político" do que só faltaba "saber cando é o enterro" despois de que eldiario.es revelase a denuncia da muller que acusaba ao popular de ofrecerlle un emprego na Deputación a cambio de sexo. O líder de DO asegurou que o episodio -arquivado pola xustiza en maio de 2017- non lle estrañaba en exceso por ser algo "típico nas ditaduras" que o seu "amado líder" faga "o contrario do que predica" entre propaganda que non impedía observar a súa condición de "persoa sucia".

"A todo porco lle chega o seu San Martiño", prognosticou o, agora si, alcalde de Ourense sobre Baltar a finais de 2015. Ese mesmo final volveuno prognosticar na pasada campaña das eleccións municipais nos seus mitins e tamén nos seus vídeos. Por exemplo, no que pedía o voto para pór fin ás "paranoias" dos Baltar, a quen censuraba que tratasen a provincia coma se fose "súa". "É o momento de pór fin á saga tóxica dos Baltar", animaban. Nesa mesma campaña Jácome pediu o voto acompañado dun robot que repetía "fóra caciques", en referencia aos Baltar.

Tras o paso polas urnas do 26M o partido de Jácome perdeu un concelleiro e quedou en 7, pero volveu ser chave de goberno nunha corporación liderada polo PSdeG. Aínda que cunha diferenza fundamental con relación a 2015. Os seus dous deputados provinciais son tamén clave para completar a maioría na Deputación despois de que o PP de Baltar a perdese.


Por iso o barón ourensán lle ofreceu a alcaldía a cambio do seu apoio e el aceptouna. Os insultos, di Baltar, son "cousas pasadas". Segundo Alberto Núñez Feijóo, ausente nas negociacións culminadas este venres e tamén na sesión de investidura deste sábado, "para Ourense sería letal ter a Jácome de alcalde". Agora só falta que o líder de DO cumpra a súa parte do trato na mesma institución da que prometeu botar aos Baltar, a quen mesmo levou ante os tribunais en diversas ocasións.

Tras erguer o bastón de mando Pérez Jácome asegurou que se dispón a acometer a tarefa de "salvar Ourense". Nun discurso en castelán no que se referiu á cidade como Orense en diversas ocasións, o novo rexedor enumerou algunhas das súas promesas, como a construción dun parque acuático, e afirmou que tentará que na cidade "se viva mellor", o cal é "bastante fácil". "Se en catro anos non consigo facer o que prometín, volvereino poñer na lista de fracasos da miña vida", asegura."                (David Lombao, 15/06/19)


"La Diputación de Ourense continuará siendo el feudo de los Baltar, la más famosa saga familiar del PP gallego. 

El presidente de la institución, José Manuel Baltar, que se encontraba en una situación comprometida tras perder la mayoría absoluta el 26-M, se ha garantizado su permanencia tras llegar a un pacto con el pequeño partido de Democracia Ourensana (DO). 

La formación está liderada por un comerciante de la ciudad, Gonzalo Pérez Jácome, que hasta ahora había ejercido de látigo del baltarismo —la sucesión dinástica de padre a hijo que gobiernan desde hace 32 años la Diputación— en las instituciones y en los juzgados.

El pacto, confirmado ayer por ambos partidos, supone la entrega de la alcaldía de Ourense al líder de DO, que fue la tercera fuerza en las elecciones, con un empate con el PP a siete escaños frente a los 10 del PSOE, dos del BNG y uno de Ciudadanos. A cambio, DO mantiene a Baltar en la Diputación que, por primera vez en los gobiernos suyo y de su padre, había perdido la mayoría por un solo escaño.

Jácome se garantiza la alcaldía entregando a Baltar el apoyo de sus dos diputados provinciales. “Pactaría con el diablo si con ello consigo traer el cielo a Ourense”, proclamó hace unos días, empecinado en gobernar la ciudad. Entonces ya hacía aguas el pacto que DO planteaba al PSOE, la lista más votada, al que exigía también que le cediese la presidencia de la Corporación.

Jácome tuvo el escenario adecuado para negociar con Baltar cuando Ciudadanos (Cs), cuyo único escaño en la Diputación podría dar también la mayoría al dirigente popular, anunció que su propósito de regenerar la política le impedía perpetuar la dinastía familiar. Cs planteó al líder del PP gallego, Alberto Núñez Feijóo, que sacrificara a Baltar si quería mantener la Diputación. 

Pero el presidente de la Xunta se desentendió y dejó la decisión en manos del PP ourensano. Esto es, del propio Baltar. Feijóo, que hace unos días insistía en defender el principio de que gobiernen las listas más votadas, ha permitido finalmente que Baltar quiebre ese discurso para impedir un gobierno socialista en la ciudad de Ourense.

Jácome se lanzó a la política hace una década tras alcanzar popularidad con una televisión local de su propiedad en la que dirigía y presentaba un programa titulado Planeta Baltar. En él atacaba con gran dureza primero al fundador de la dinastía política y posteriormente a su hijo. A este, llegó a tildarlo de “psicópata con corbata”. 

Baltar, por su parte, descalificaba a Jácome por su “bufonismo político”. Para despejar el camino al pacto, el dirigente popular ya anunció el pasado jueves que hacía borrón y cuenta nueva de los insultos recibidos de Jácome a lo largo de los últimos años."                (Cristina Huete, El País, 15/06/19)

No hay comentarios: