"Hai catro anos realizaba en Tempos Novos unha avaliación da nosa recuperación da Grande Recesión
de 2009 utilizando unha ducia de indicadores económicos. Sostiña
daquela que o mesmo catecismo neoliberal que nos metera naquela
explosiva burbulla financeira fora quen de facerse coa xestión da súa
saída.
A cousa ten mérito. E que, como cabería esperar, mentres a
produción de riqueza recuperaba os niveis pre-crise a súa distribución
estaba a ser a cada paso máis desigual. Catro anos máis tarde, é
oportuno repetir a radiografía xa para toda unha década.
Ten
aínda máis interese o facelo. Non só porque dez anos xa non son moco de
pavo do que vai facendo ou non un país, senón porque neste 2020 ímonos
enfrontar a unha Grande Depresión derivada do confinamento e parálise que se fixeron precisos pola pandemia da covid-19.
A
pregunta é clara: estamos hoxe en mellor situación que hai dez anos
para enfrontar unha crise económica e social sen precedentes? Para
darlle ó lector a miña (breve) resposta, sintetizo nun cadro os mesmos
doce indicadores económicos que usara hai catro anos, agrupados en tres
bloques e para tres anos (inicial, intermedio e final).
Nun primeiro bloque de riqueza e emprego
inclúo catro indicadores relevantes. Respecto do PIB (o volume da
riqueza anual producida en Galicia) vemos como o noso peso actual na
economía española é menor que o que tiñamos hai dez anos. Non só iso: en
relación á media da UE, a riqueza por habitante é hoxe inferior á que
tiñamos en 2009. Menor tamaño e menor riqueza por habitante relativos a
España e á UE.
Aínda é peor a situación relativa ao emprego: temos menos cota no emprego total da economía española. Iso no cuantitativo, porque no cualitativo (calidade do emprego, estabilidade, temporalidade, tempo parcial, desalarización) o certo é que as rendas salariais teñen hoxe unha cota inferior no PIB do que sucedía hai dez anos. Nos catro indicadores deste bloque a avaliación é negativa.

No segundo bloque de catro indicadores recollemos o relativo ó desemprego.
No que é malo (peso dos parados galegos en España) medramos respecto a
2009, e no que sería bo (peso da poboación activa) minguamos. Isto
último fala de emigración. Con esta dupla desfeita a taxa de paro coa
que enfrontamos a Grande Depresión de 2020 mesmo é máis alta que a que
tiñamos ó encetar a Grande Recesión de 2009.
Só un indicador presenta unha lixeira melloría: o da taxa de paro xuvenil. Pero é unha melloría pírrica, con emigración dos mozos, porque falamos de taxas do 28 % que en calquera país civilizado deberan tomarse como síntoma dun rotundo fracaso colectivo. Digamos pois que dos catro puntos avaliados neste segundo bloque Galicia só anotaría medio punto positivo.

E xa no terceiro bloque recollemos outros catro indicadores a respecto da competitividade da nosa economía.
No éxito na captación de investimentos do exterior, (IDE) se ben a nosa
cota en España vai medrando nestes dez anos, o seu nivel está aínda moi
por baixo do que temos en PIB (2,9 fronte a 5,2). Só nisto teriamos, xa
que logo, medio punto positivo. Porque tanto no esforzo en
investigación e desenvolvemento tecnolóxico (I+D) como na cota que temos
nas empresas exportadoras españolas as cifras relativas actuais son
peores que as de hai dez anos. Daquela non debe sorprender que o déficit
da nosa balanza exterior en bens e servizos siga a ser negativa e
agravándose nos últimos catro anos.
A radiografía económica é
daquela negativa para dez dos doce indicadores. E só é dubidosa (sen
chegar a positiva) nos outros dous. Acadaríamos un punto sobre doce
posibles: suspenso sen paliativos para toda unha década.
O lector
coñece agora a miña resposta á pregunta que nos faciamos. Claro que de
seguido viría outra non menos importante: habería outra folla de ruta a
ensaiar para que cando saiamos desta Grande Depresión do 2020 evitásemos
outro suspenso sen paliativos aló polo 2030?." (Albino Prada é membro de ECOBAS, Tempos Dixital, 26/06/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario